Día da Paz: Construíndo un mundo de sorrisos

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Co lema "Construíndo un mundo de sorrisos" na nosa escola realizamos diferentes actividades que tiveron como colofón un bonito acto que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado.

Clica na imaxe para ver as fotos

 Vídeo

Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías

O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.

Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

  

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Segundo se contempla na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, artigo 26.4 “Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva (formulario normalizado ED550A que se remitiu hoxe a través do alumnado) no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita”.

Tamén se poderá cumprimentar a solicitude través da aplicación admisionalumnado que deberán imprimir e entregar posteriormente na Secretaría deste centro: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  

A solicitude de reserva tamén se poderá formalizar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Xunto coa solicitude hai que presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras. 

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes de reserva remata o 6 de febreiro.

En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022.

Museo Cre-Arte: Pintura

Durante este curso escolar o proxecto de centro está dedicado á Arte. No primeiro trimestre cada curso traballou distintos aspectos relacionados coa pintura: pintores (Luis Seoane, Leandro Lamas, Picasso, Munch, etc...) o retrato, a pintura rupestre, experimentamos con diferentes técnicas pictóricas: cos pés, con globos, pompas de auga... 

Finalmente compartimos todo o noso traballo nunhas xornadas nas que percorrimos as salas que cada curso creou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras.

Vídeo resumo das visitas

Fotografías da xornada

 

Exposicións dos distintos cursos

Festa de Nadal

Nesta xornada de festa realizamos distintas actividades nas aulas para celebrar o Nadal. Compartimos unha deliciosa chocolatada e despedimos o ano e o primeiro trrimestre cunhas badaladas co Tarabelo nas Ondas.

Finalmente visitáronnos os Reis Magos que seguro que nos van a traer moitos regalos!

Clica na imaxe para ver as fotografías

 

Recollida solidaria de alimentos

Un ano máis a nosa Comunidade Educativa volcouse na recollida solidaria de alimentos destinada a asociacións sen ánimo de lucro que axudan a aqueles que máis o necesitan. 

Os representantes destas asociacións, Cruz Vermella e Cáritas, pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron neste iniciativa.

Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 3.00 euros os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento.

 “Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP SADA E CONTORNOS, para financiar actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento, segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2022”.

Durante o ano 2022, os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000€.

O que se informa para xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O día 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante toda está semana realizaremos distintas actividades encamiñadas a acadar unha sociedade o máis inclusiva posible.

O pasado mércores, día 30 de novembro, o alumnado de 5º de educación primaria recibiu a visita dos usuarios de ASPACE, grazas aos cales coñecimos en que consiste a parálise cerebral, as finalidades desta Asociación e todas as actividades que realizan.

Clica na imaxe para ver as fotos deste día

 

Especial O Tarabelo nas Ondas

Hoxe celebramos a Carreira ENKI, unha proba lúdica, non competitiva, que a través do xogo promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Clica na imaxe para ver as fotos da Carreira ENKI

25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

No día de hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cun acto colectivo que puxo colofón a todas as actividades que realizamos para concienciar sobre a necesidade de loitar contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres e da importancia de alcanzar unha igualdade total. Que ninguén prenda as túas ás!

Enlace ao poema recitado

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos deste día

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA CURSO 22 23

Está publicada na web do Concello de Sada a convocatoria de axudas económicas para a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.

As bases atópanse no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na web do Concello de Sada:

Bases da convocatoria.

Distribuir contido