Novas

Concerto Animalada de Cé Orquestra Pantasta

Para despedir este 2º trimestre asistimos ao concerto Animalada, de Cé Orquestra Pantasma. Bailamos, saltamos e pásamolo moi ben ao ritmo das divertidas historias de distintos animais.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos.

Programa Educando na Biosfera: Debuxando a natureza con Suso Cubeiro

O alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou no taller “debuxando a natureza” impartido polo ilustrado Suso Cubeiro.

A actividade, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, pretendía a través das artes plásticas, acercar a biodiversidade presente na Reserva de Biosfera ao alumnado e a ameaza que supoñen as especies invasoras. 

A actividade foi gratuíta, subvencionada polo Concello de Sada a través do programa educativo “Educando na Biosfera”.

https://www.marinasbetanzos.gal/educacion-programa-educando-na-biosafera

Imaxes da actividade 6º EP

 

Imaxes da actividade 5º EP

Programa Educando na Biosfera: visita á fábrica de cerámicas O Castro

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, dentro do Programa Educando na Biosfera organizado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e polo Concello e Sada, visitou a fábrica de cerámicas O Castro - Sargadelos, na que coñeceron as diferentes etapas do proceso produtivo dunha cerámica que conta con máis de 200 anos de tradición. Ademais, cada neno e nena elaborou e decorou a súa propia peza de cerámica.

Clica nas imaxes para ver as fotos

5º EP

6º EP

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. Na nosa escola realizamos distintas actividades para poñer en valor e dar a coñecer á súa figura. Aquí tedes os murais que elaboramos e que recollen as súas palabras, os seus sentimentos, os seus versos e sobre todo o seu amor a Galicia.

Festa de Entroido

Picasso, Miró, Kusama, Van Gogh...  acompañáronnos na celebración dun Entroido moi artístico. Disfraces, filloas, orellas, pinturas, mandados do Meco e sobre todo moitos sorrisos protagonizaron unha semana de festa e diversión. Clica nas imaxes para ver as fotos.

Vídeo Pasarrúas

Mandados do Meco

  

Festa Entroido

Entroido: Mandados do Meco

Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.

                                                                  

                                                                                                

Samaín, Magosto e Halloween

No día de hoxe celebramos a tradicional festa do Magosto, Samaín e Halloween. Degustamos unha deliciosas castañas (tamén bebidas proporcionadas pola Asociación de Nais e Pais). Rematamos a xornada cun espectacular desfile.

                                               Exposición de cabazas                                                                    Photocall

                                                 

Festa e desfile

 

O outono con Archimboldo

Día das Letras Galegas: Concerto Queiroa e entrega de premios

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, realizamos un concerto didáctico a cargo da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa.

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Sada, Marisa Rúa, realizou a entrega de premios aos gañadores/as do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello de Sada. Vera, de 2º A; Breixo, de 3º; Gonzalo, de 4º e Nerea, de 6º, foron os gañadores/as.

Programa especial do Tarabelo nas Ondas.

Aquí tedes dispoñibles fotos e vídeos desta xornada.

Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel

Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.

Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).

 

Especial O tarabelo nas Ondas Día do libro

Concerto didáctico música tradicional

O alumnado de 5º e 6º participou nun concerto didáctico de música tradicional promoido polo Centro Coreográfico Galego, que fixo un percorrido polos principais instrumentos da música tradicional galega, a fin de coñecer as súas características musicais e de construción. Ao mesmo tempo estes instrumentos serven para introducir os ritmos máis importantes coas súas características e usos.

Distribuir contido