Novas

Día das Letras Galegas

 

Chegou o Entroido

Chegou o Entroido e con el o mandón do Meco que nos manda traer cada día cunha cousa máis...

Chega o Samaín

 

Tastarabás

Rematamos abril , mes do libro , lembrando que acaba de saír publicada unha Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais, títulada : “ Tastarabás “ de Antón Cortizas.

Libro importante porque ademais de falar de xogos e xoguetes tradicionais, aparece grazas a colaboración de todas e todos. Fíxose coas aportacións de persoas de moitos sitios, aparecen nenos e colexios así como mestres. Nós tamén estamos , xa que a principios deste século XXI  ( curso 2002 / 2003 ) , fíxemos un libro de xoguetes e unha exposición sobre este tema, do cal mándamos información ao autor.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/system/files/xoguet.pdf

21 de marzo: Día da árbore

Información, consellos e libro recomendado para celebrar a Día da árbore

Díptico educación infantil

Díptico educación primaria

Ano Lugrís Feire. Acto de homenaxe.

O Concello de Sada realizou unha ofrenda floral o 14 de febreiro de 2013, na Capela de San Roque, con motivo do 150 aniversario do nacemento  de Manuel Lugrís Freire.

D. Manuel Lugrís foi presidente honorario da Sociedad Sada y sus Contornos. Neste acto alumnos do noso centro procederán á lectura do poema Nova Estrela que abre o poemario As Mariñas de Sada”, unha loubanza que D. Manuel dedica á labor da Sociedad Sada y sus Contornos que, por unha feliz coincidencia, celebra tamén  neste ano 2013 o centenario do s eu nacemento.

Neste acto interviron tres alumnos deste centro: Victoria, Uxía e Alberto. Leron un texto no que se explicaba a relación de Manuel Lugrís coa "Sociedad Sada y sus Contornos" e dun poema "Nova Estrela".

Para acceder ao texto pique aquí.

Distribuir contido