Axudas, convocatorias

Convocatoria de axudas do Concello de Sada

No Boletín Oficial da Provincia de onte, 12 de setembro de 2013, aparece publicada a Convocatoria de axudas ás familias para a escolarización de menores do concello no Concello de Sada para o curso 2013-2014. O prazo de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación.

Póde consultar e descargar a normativa clicando neste enlace: Convocatoria

Comedor escolar: Formulario de autodeclaración

Segundo as derradeiras instrucións da Secretaría Xeral recibidas o 12 de setembro ás 14,15 horas por correo electrónico, as familias, á hora de cubrir as autodeclaracións de comedor deberán consignar obrigatoriamente no apartado A, a continuación de onde pon RENDA NETA IRPF 2012, a cantidade resultante das casiñas sinaladas nese punto. No apartado B deberán figurar todos os membros da unidade familiar cos datos que se solicitan. No apartado C, a continuación de onde pon RENDA NETA PER CÁPITA FAMILIAR = X/Y a renda neta per cápita dividindo o importe indicado no apartado A entre os membros indicados no apartado B. No apartado D deberase marcar a casiña que corresponda con respecto a dito resultado (0 euros, 1 euro, 2,50 euros ou 4,50 euros).

Ao final da declaración deberán asinar ambos os dous cónxuxes e os fillos maiores de idade.

Para axudar a realizar o cálculo do importe do prezo a pagar, a Consellería ven de colgar unha calculadora específica na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp 

Información do servizo comedor 2013 2014

O uso do servizo do comedor escolar dará lugar ao aboamento dos prezos públicos de conformidade co disposto no Decreto132 2013 (DOG 13/08/2013). Antes do 28 de setembro as familias deberán entregar cuberto o modelo de autodeclaración que figura como Anexo II na Instrución 1/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2013-2014.

Para máis información descargue a circular informativa do centro e o modelo de autodeclaración. Tamén pode consultar a lexislación e instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares.

Circular informativa
Modelo de autodeclaración para cubrir directamente e imprimir. 
Decreto 132/2013 Comedores escolares
Intrución 1/2013 Funcionamento dos comedores escolares
Modificación da Instrución 1/2013 Funcionamento dos comedores escolares

Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución definitiva de admitidos.

Ao non recibirse ningunha reclamación contra a resolución provisional de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2013 2014, elévase a defintiva a mesma.
Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución definitiva de admitidos.
Sada a 5 de xullo de 2013

Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución provisional de admitidos.

Resolución de alumnos admitidos para o curso 2013 - 2014 no servizo de comedor escolar.

Os/as interesados/as poderán presentar reclamacións contra a presente resolución ante o consello escolar do centro no prazo de cinco días hábiles, contados a partir da data de publicación.

Sada a 28 de xuño de 2013.

Solicitude do servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014

Para solicitar o servizo de comedor escolar as familias interesadas poden recoller no centro a instancia de solicitude ou descargala da web do centro.

O prazo de solicitude será do 17 ao 21 de xuño, ámbolos dous inclusive en horario de secretaría do centro.A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determinarase no mes de setembro mediante o procedemento que estableza a Consellería.

BENEFICIARIOS E COLABORADORES DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR O prazo de entrega da solicitude e documentación acreditativa remata o venres 21 de xuño.O Consello Escolar do centro publicará, no taboleiro de anuncios e na web, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor antes do 1 de xullo entre as solicitudes recibidas.

Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 17 a 21 de xuño.

SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR A selección e admisión de usuarios do servizo de comedor, cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, correspóndelle ao consello escolar do centro. No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

Sada a 14 de xuño de 2013.

Instruccións de organización do servizo de comedor escolar 2013 2014
Impreso de solicitude para alumnos ususarios de comedor
Impreso de solicitude para nais e pais colaboradores de comedor

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

No Diario Oficial de Galicia do 31 de maio de 2013 aparece publicada a ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

Rendas familiares e contía das axudas en educación primaria

No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.

Resto das familias:

-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.

Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2011 e o exercicio fiscal 2011. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2010, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

Información e impresos de solicitude.

O prazo de presentación de instancias vai do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013. Presentarase no centro educativo onde estea matriculado/a o/a alumno/a unha solicitude por alumno/a matriculado/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria.

A Orde está no taboleiro de anuncios do centro e as solicitudes, segundo o anexo I da Orde, serán facilitadas na conserxería do centro. Tamén se pode consultar e descargar da web da Consellería tanto a Orde como a solicitude: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Sada a 3 de xuño de 2013.

Abonos dos prezos públicos do servizo de comedor. Curso 2012-2013.

 
Segundo a documentación xustificativa presentada terán dereito ao uso gratuíto, bonificación do 50% do prezo público ou abono do 100% do citado prezo o alumnado usuario segundo se relaciona. Para visualizar o listado pique aquí.

Servizo de comedor escolar para o curso 2012-2013. Resolución definitiva do Consello Escolar.

Para visualizar ou descargar a Resolución definitiva de alumnos admitidos para o curso 2012 - 2013 no servizo de comedor escolar pique aquí.

Servizo de comedor escolar para o curso 2012-2013. Resolución provisional do Consello Escolar.

Para visualizar ou descargar a Resolución de alumnos admitidos para o curso 2012 - 2013 no servizo de comedor escolar pique aquí.
Distribuir contido