Comedor: circulares, menú,...

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E CONFIRMACIÓN DE PRAZA

O Concello de Sada publicou a relación de solicitudes admitidas ás que se lles adxudica praza no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2020/2021. 

As persoas admitidas terán que confirmar a praza concedida ou perderán o dereito á mesma. A solicitude confirmando a praza poderá facerse de dous xeitos, ben a través da sede electrónica ou ben entregando o impreso (dispoñible na web do Concello no enlace anterior)  en rexistro, sen necesidade de solicitar cita previa. O prazo de confirmación remata o venres 28 de agosto.

Tamén publicou as solicitudes en listaxe de agarda.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS

O Concello de Sada informou da publicación na súa páxina web das listaxes de solicitudes de persoas admitidas e non admitidas no comedor escolar,  tendo estas últimas de prazo ata o venres 14 de agosto para entregar a documentación que lles falta e que se indica na listaxe. No caso contrario, non serán admitidos no comedor.

Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono do Concello de Sada 981 620 075.

COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020 2021

Ábrese o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2020-2021, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.

O prazo de entrega de documentación comeza hoxe, luns 15 de xuño, e remata o venres 10 de xullo.  A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa, sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal/opencms/es/index.html

 

Circular informativa

Ficha inscrición 

Criterios de admisión

Prezo público

 

Páxina web do Concello de Sada

COMEDOR ESCOLAR 19-20 : RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO

O Concello de Sada rematado o prazo de presentación de solicitudes para a utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020 informou da admisión do seguinte alumnado:

Relación de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020

Corrección de erros

 

COMEDOR ESCOLAR: NOTA INFORMATIVA E FORMULARIO PRE-SOLICITUDE

Durante estes meses o Concello realizou os trámites pertinentes para a posta en marcha do comedor escolar para o curso 2019/2020. 

Nestes momentos falta a aprobación por parte do Consello da Xunta, que en principio será o vindeiro 5 de setembro. En canto o trámite burocrático e administrativo estea solucionado, iniciarase o proceso de admisión de usuarios que realizará o Concello para comezar co servizo pero, dados estes prazos, ata ou inicio de outubro non será posible. 

De todos os xeitos, adiantamos que o custo aproximado do mesmo sería duns 3,5 euros por día, sempre que o comedor conte cun mínimo de 45 usuarios/as. O Concello de Sada garante a prestación do servizo de comedor aos usuarios interesados cun máximo de 50 prazas.

Coa fin de ter unha estimación dos usuarios deste servizo é necesario cubrir o seguinte formulario de pre-solicitude:

Formulario pre-solicitude comedor

 

COMEDOR ESCOLAR 2018-2019. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.

Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2018-2019. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.

Sada a 6 de xullo de 2018.

 

Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.

Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.

Sada a 28 de xuño de 2018.

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019

O servizo de comedor para o curso 2018-2019 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón. O desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46 e, se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.

O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 7 ao 25 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas  persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 11 de setembro de 2018.

Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, a lista provisional de admitidos  para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.

 SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe dos Servizos Sociais do concello.

-Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores.

-Outro alumnado do centro.

Documentos:

Impreso para solicitude do servizo de comedor.

Impreso de autodeclaración e Instrucións para cumprimentar o impreso de autodeclaración.

Solicitude para colaborar no servizo de comedor.

Calculadora para autodeclaración.

COMEDOR ESCOLAR 2017-2018. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2017-2018.

Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2017-2018. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.

Sada a 6 de xullo de 2017.

 

Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2017-2018.

Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.

Sada a 30 de xuño de 2017.

Distribuir contido