blogue deCarlos

SOLICITUDE DE RESERVA PARA O INSTITUTO (SÓ 6º CURSO DE PRIMARIA)

De conformidade co establecido no Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Xa se poden solicitar as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Abriuse o prazo para solicitar as bolsas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o próximo curso académico. Estas bolsas teñen como obxectivo facilitar a inclusión educativa e a igualdade de oportunidades deste colectivo. Os requisitos e as condicións das axudas pódense consultar na convocatoria publicada o 26 de abril de 2023 no Boletín Oficial do Estado. O prazo de presentación de solicitudes comezou o 08 de maio de 2023 e remata o 20 de setembro de 2023.

Novas sobre a publicación da listaxe provisional de admitidos 23-24: Data e medio de consulta.

Estimadas familias:

 

Temos o pracer de informarlles de que o listado de admitidos para o curso 2023-24 publicarase o próximo 25 de abril. Só poderá ser consultado a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou presencialmente no taboleiro de anuncios dentro do hall do centro escolar.

 

Distribuir contido