Manexo dos equipos da aula abalar

PROTOCOLO PARA A ELABORACIÓN DA MEMORIA:                                 -Proxectos de Formación e Asesoramento en Centros

    -Grupos de Traballo

    -Seminarios Permanentes

Título: Manexo dos equipos da aula abalar

Centro: CEIP San Benito de Lérez                                                                                                                                                                      

Coordinador/a: José María Tuda Poza

Asesor/a:         Rexina                                             

Curso: 2011 -2012

 

 

 

ÍNDICE                                                                                                                                                                                                                                                         

 

 

1. ANÁLISE DO CONTEXTO NO QUE SE DESENVOLVEU O PROXECTO    

     

 

                                                                                                                                                      

2. XUSTIFICACIÓN DAS VARIACIÓNS INTRODUCIDAS  RESPECTO                          

DO PROXECTO INICIAL.                                                                                                        

 

 

3. CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

 

                                                                                                                                                      

4. CONTIDOS DESENVOLVIDOS E ACTIVIDADES   REALIZADAS.                               

 

 

5. CRITERIOS E PROCESOS DE AVALIACIÓN EMPREGADOS.                                                              

 

 

6. CONCLUSIÓNS: LOGROS E INCIDENCIA NO CENTRO.                                                                             

 

 

7. RELACIÓN DETALLADA DOS MATERIAIS DIDÁCTICOS ELABORADOS  

E DOS DOCUMENTOS QUE SE ENTREGAN (EN SOPORTE DE PAPEL E INFORMÁTICO)           

 

 

8. ACTA DE RESUMO FINAL.

 

 

9. MATERIAIS ELABORADOS.

 

1. ANÁLISE DO CONTEXTO NO QUE SE DESENVOLVEU O PROXECTO.

.

 

1.1.- Clima de traballo creado, grao de participación e colaboración.

 

         Houbo un grao excelente de comunicación entre as persoas e os grupo creados, trasladando información entre os distintos ciclos educativos, potenciando a comunicación e funcionamento do EDI e consultando e obtendo información para poder realizar actividades.

         

Creouse entre os asistentes ao PFAC un grao de sinceridade e confianza, fomentando a creatividade e a capacidade de adaptación ás novas posibilidades educativas e ao novo espazo abalar.

 

           Houbo unha motivación constante entre os participantes, recoñecendo o traballo individual, valorando a profesionalidade e autonomía e respectando os logros acadados.

 

           Boa participación no traballo grupal, planificando as tarefas e resolvendo problemas, no que prodominou un plantexamento global e interrelación persoal.

 

 

1.2.-Circunstancias nas que se desenvolveu o traballo:

·                      1.2.1.- Cursos, grupos, titorías, órganos colexiados do centro nos que se traballou.

         

          Traballouse  desde Ed. Infantil ata a finalización do 3ºCiclo, con actividades para cada un dos ciclos, centrándonos no coñecemento do Encerado Dixital Interactivo e os seus compoñentes. Práctica de contidos, acercamiento a páxinas para o EDI e creación de actividades.

 

·                      1.2.2.- Algunha outra circunstancia particular digna de ser tida en conta.

 

A posibilidade de utilizar o encerado dixital nun enfoque constructivista, recurso para mellorar a Atención á Diversidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2. XUSTIFICACIÓN DAS VARIACIÓNS INTRODUCIDAS  RESPECTO DO PROXECTO INICIAL.

 

 

2.1.Indíquense as variacións que se introduciron ao longo do proceso, se é o caso, en canto a obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía e avaliación.

 

       Se ben non son variacións que supoñan unhas conclusións distintas, si houbo que adaptar o diversos traballos e prácticas realizadas e adecualas ao nivel educativo correspondente, en canto a obxectivos, contidos e actividades e as empregadas, adaptándoas a eses ciclos.

 

 

2.2. Explíquense as razóns que xustifican estas variacións e en qué momento do proceso foron introducidas.

 

        As razóns fundamentais son as sinaladas no parágrafo anterior. O traballo no PFAC é   fundamental para que ao longo do curso e por ciclos todas estas recursos feitos e aprendidos se realicen no encerado dixital.

 

 

3. CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

 

   3.1 Obxectivos propostos. Relación dos obxectivos propostos no proxecto.

 

  • Manexar as novas tecnoloxías.
  • Desenvolver nos alumnos novas formas de aprendizaxe.
  • Avaliar as posibilidades educativas  do uso das TICs.
  • Experimentar materiais didácticos que aproveiten ao máximo as TICs.
  • Desenvolver actitudes de traballo compartido e de colaboración ante estos novos recursos multimedia.

         O  Motivar e aumentar o desexo de aprender a través destes recursos multimedia

 

§          De repercusión para a vida pedagóxica do centro:

 

  • Espertar no profesorado unha actitude crítica que lles leve a utilizar as TIC

só cando considere que realmente aportan unha serie de vantaxes fronte ao

modelo tradicional.

  • Utilizar o acceso a internet como fonte de información relativa a temas.
  • Amosar que o futuro das novas tecnoloxías ten que asumirse a través de

proxectos educativos que aproveiten as posibilidades de innovación pedagóxica que ofrecen as TIC.

  • Manexar e valorar os medios informáticos como instrumento de creación,

comunicación e sensibilización cara os problemas sociais e ambientais.

  • Dar un sentido de utilidade aos medios tecnolóxicos que temos na escola:

encerado dixital, vídeo proxector, cámara dixital, ordenadores, acceso a

internet, páxina web.

  • Utilizar as TIC na elaboración e no desenvolvemento doutros proxectos do

Centro.

 

 

 

  3.2 Obxectivos acadados ao final do proceso.

 

Unha vez lidas as enquisas pasadas aos alumnos asistentes a este curso, respecto ao cumprimento dos obxectivos, a práctica totalidade deles manifestan que se teñen cumpridos e son axustados ás metas que eles consideraban acadar; a consecución destas metas varían segundo a materia e ciclo que cada un estea a impartir, sentíndose máis satisfeitos cando a materia versaba sobre a súa área.

 

Neste curso buscáronse espazos para que puidesen practicar co encerado dixital, polo que puideron recoñecer, configurar e utilizar os diferentes elementos externos e internos dos encerados dixitais. Potenciando a comunicación e a creación de arquivos, consultando e obtendo información para poder realizar máis actividades.

 

Está claro que a aplicación de recursos dentro da aula é primordial para a potenciación do estudo, para a mellora da motivación do profesor e do alumnado, para a consecución dos obxectivos marcados e por suposto para a resolución de problemas de aprendizaxe  que poden darse en marcos clásicos e habituais, motivo polo que fan unha valoración moi positiva.

 

 

4. CONTIDOS DESENVOLVIDOS E ACTIVIDADES REALIZADAS.

 

Contidos:

 

MÓDULO 1:

 

Temporalización:  novembro

Duración: 6 horas, dous sesións de tres horas

1. Que papel xogan os recursos TICs no noso centro?

Ø     Usos e utilidades

Ø     Dificultades atopadas

Ø     Previsións para o futuro

 

2. Utilización e manexo de arquivos.

Ø     Arquivos de texto.

Ø     Arquivos de imaxes e o seu tratamento

Ø     Arquivos de son e o seu tratamento

 

Actividades do módulo 1:

 

  • Búsqueda e recopilación de información a través das TICs.
  • Coñecemento de GIMP como ferramenta informática que permite o retoque fotográfico ou de imaxes. Práctica e creación de actividades co GIMP.Uso da aula ABALAR: Organización e reparto de responsabilidades.
  • Visionado dun vídeo e presentación sobre o fenómeno Web 2.0., e

             posterior debate. (Unha sesión de tres horas)

 

 

MÓDULO 2:

 

O ENCERADO DIXITAL:

Instrumento ao servizo da práctica didáctica.

 

Temporalización: meses de xaneiro e febreiro de 2012

Duración: 18 horas, 6 sesións de tres horas

 

1. O Encerado Dixital:

Ø      Concepto,

Ø      Soporte material,

Ø       Instalación e manexo.

 

2. Potencial didáctico

Ø      Modelos de aplicación didáctica

Ø      Usos da encerado dixital nun enfoque constructivista.

Ø      Recurso para mellorar a Atención á Diversidade.

 

3. O Encerado Dixital Interactiva:

Ø      Funcionamento

Ø      Posibilidades e exemplos de uso didáctico

 

4. Software específico: NotebooK

Ø      Presentación.

Ø      Funcionamento básico do programa.

Ø      Utilidades e exemplos.

 

 

Actividades do módulo 2:

 

  • Introdución ao sistema operativo Netbook: Configuración básica.
  • Utilización do software do Encerado Dixital Interactivo.
  • Búsqueda e selección de recursos educativos.
  • Deseño de gráficos, ferramentas, páxinas... de LAT 2.0 - ES en SMAR Noteebok. Programa de captura de pantalla: screen hunter. Posta en común das Ligazón e Accións dentro do espazo profesores.
  •  Realización de exercicios básicos no encerado dixital, na procura de afianzamento dos contidos adquiridos: anagramas, disposicións de imaxes, xogo de palabras, mosaico…
  • Visualizar e crear actividades sinxelas, practicando con arquivos e imaxes suxeridos pola relatora e seguindo os pasos marcados por ela. Organización e funcionamento destas actividades. Práctica cos distintos arquivos do SMART Notebook e de LAT 2.0.
  • Presentación do novo espazo abalar, vídeo sobre o funcionamento do novo portal e coñecemento das novas funcionalidades e apartados. ABALAR na rede.

 

 

 

 

 

 

MÓDULO 3:

 

Temporalización:  mes de marzo de 2012

Duración: 6 horas, dúas sesións de tres horas.

 

1. Concepto e potencial.

 

2. Software: Power-point

Ø      Conceptos básicos

Ø      Elaboración de diapositivas

Ø      Presentación

Ø      Arquivar presentacións

 

Actividades do módulo 3:

 

  • Avaliación do uso presentacións multimedia no centro: presentación de experiencias no seu uso, identificación de dificultades atopadas…
  • Se presentarán exemplos de presentacións multimedia, logo se fará unha reflexión individual a partir dun cuestionario para logo facer unha posta en común. (Unha sesión de dúas horas)
  • Elaboración dunha presentación multimedia que incorpore arquivos de imaxe e son, en pequenos grupos segundo proposta aportada polo coordinador. (dúas sesións de dúas horas, tres para a elaboración do traballo, e unha para a exposición deles ao gran grupo).
  • Achegamento de información sobre a localización de presentacións multimedia, no propio centro e na rede.
  • Achegamento de información sobre a localización de presentacións multimedia, no propio centro e na rede.
  • A nube: un ordenador virtual.

 

 

 

5. CRITERIOS E PROCESOS DE AVALIACIÓN EMPREGADOS.

 

 

5.1. Criterios que se empregaron.

          

A avaliación levouse a cabo ao remate do proxecto, e principalmente se avaliou:

·     O cumprimento dos obxectivos e contidos da actividade.

·     A metodoloxía empregada.

·     As condicións xerais da actividade (datas, material, horario, espazos…).

Por outra banda, tamén foron tidos en conta os traballos sinxelos que poidan realizar os asistentes co material multimedia. Tamén se tivo en conta a asistencia ao proxecto.

 

 

 

6. CONCLUSIÓNS: LOGROS E INCIDENCIA NO CENTRO

 

 

 

Polo xeral, case todos manifestan que a información recibida é altamente positiva para o desenvolvemento do seu labor docente, polo deseño e potenciación no coñecemento do Encerado Dixital Interactivo como nova forma de ensinanza e como nova tecnoloxía, polas posibilidades que oferta desde un punto de vista visual e auditivo.

 

Toda esta información concorda coas necesidades que os profesores senten nas aulas e que os alumnos demandan cada día máis: a necesidade de aproximarse a Internet, instalación e utilización de novas tecnoloxías como recurso didáctico e obtención de información para poder realizar máis actividades e más funciones de SMART Notebook.

 

Traballouse  con ordenadores fixos, un canón multimedia, edición de imaxes, dispositivos de audio e pantalla de proxección, polo que tódolos contidos mereceron unha alta valoración e unha mellora na súa competencia profesional docente.

 

A incidencia que ata o momento observamos na práctica docente e no aprendizaxe do alumnado, pódese resumir nos seguintes puntos:

·         Potencia a capacidade de razoamento do alumnado.

·         Utilización de programas que facilitan a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.

·         Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.

·         Mellora a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente.

·         Utilización das TICs para o traballo cotián e nas actividades de aula.

 

Coas creación destas actividades, gráficos, ferramentas e arquivos, pódese chegar a conclusión de que:

·         Aumenta a participación dos alumnos.

·         Aumenta a atención e retentiva dos estudantes.

·         Ábrese un mundo de posibilidades insospeitadas.

·         Motiva e facilita a comprensión.

·         Facilita o tratamento da diversidade.

·         Axuda en Educación Especial.

·         Pódese abordar calquera tema que xurda na aula.

·         O profesor pódese concentrar máis en observar aos seus alumnos e atender ás súas preguntas, pode preparar as clases para facelas máis atractivas e documentadas.

·         Conséguese unha clase amena e educativa a un mesmo tempo.

Infinidade de recursos visuais para a Educación Infantil

 

 

 

 

 

Sería interesante poder continuar o traballo o próximo curso, con algunhas modificacións e tendo en conta a intervención nos procesos de ensinanza-aprendizaxe e facer máis prácticas...; algo que deberán ir descubrindo coa práctica diaria, porque para algúns supón demasiada información en tan pouco tempo.

 

     Trala lectura das enquisas e a información verbal e persoal dos asistentes, consideramos que o curso obtivo o éxito que esperabamos, con satisfacción para os realizadores e , sobre todo, para os asistentes.

 

O curso obtivo unha gran valoración como resultado final.

 

 

 

 

 

 

7. RELACIÓN DETALLADA DOS MATERIAIS DIDÁCTICOS ELABORADOS OU E DOS DOCUMENTOS QUE SE ENTREGAN (EN SOPORTE DE PAPEL E INFORMÁTICO.

As actividades feitas por este grupo de traballo (entregado en soporte informático) para Educación Infantil e Educación Primaria son as seguintes:

 

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: 

 

Práctica e realización de distintos arquivos de SMART Notebook e de LAT 2.0:

 

  • ACTIVIDADES PIZARRA DIXITAL 01/02/12 Ed. Infantil – 1º Ciclo 

-        Adiviñar a palabra.

-        Disposición de imaxes.

-        Clasificación por categoría – imaxes.

-        Anagrama.

-        Mosaico.

-        Xogo de palabras.

                                                 

  • ACTIVIDADES PIZARRA DIXITAL 08/02/12  2º Ciclo – 3º Ciclo

-        Coincidencia por categorías – imaxes.

-        Proba de coñecemento.

-        Revelar liña do tempo.

-        Revelar a nota.

-        Pares.

-        Clasificación de palabra clave.

-        Clasificación de imaxe.

 

 

 

 

  • ACTIVIDADES PIZARRA DIXITAL 29/02/12  1º Ciclo – 2º Ciclo

-        Coincidencia por categoría – imaxes.

-        Clasificación por categorías: imaxe e texto

-        Pares.

-        Revelar a nota.

-        Revelar liña do tempo.

-        Palabra clave.

-        Clasificación de vórtices: imaxe e texto.

-        Clasificación por vórtices: imaxe e texto.

-         

 

  • ACTIVIDADES PIZARRA DIXITAL 07/03/12  1º Ciclo

 

-        Palabra clave.

-        Anagrama.

-        Clasificación por categorías: imaxes.

-        Mosaico estacións.

-        Xogo de palabras.

-        Opcións múltiples.

 

 

 

 

 

 

 

 

Licencia Creative Commons

Manexo dos equipos da aula abalar por CEIP San Benito de Lérez se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.