A Ponte da Palabra no metrominuto

metrominuto

 

O curso pasado na Rede das Escolas Asociadas da UNESCO da cidade, tivemos a iniciativa de bautizar, contando coa nova académica e sempre amiga Fina Casalderrey como madriña, a nova ponte –que une Lérez e Monte Porreiro- como Ponte da Palabra, xa que as linguas e as palabras  son sempre pontes de comunicación, e non abismos entre comunidades como as veces nos queren dar a entender.

Hoxe vemos que aparece ese nome na prensa  no Diario de Pontevedra 08/02/2013 e tamén no metrominuto que acaba de recibir un premio a nivel europeo en Bruxelas, premio que o ano pasado recibiu Londres.

Xa temos a Ponte da Palabra por todo o mundo!!