As Mochilas Viaxeiras chegan aos cursos de Primaria

As Mochilas Viaxeiras chegan aos cursos de Primaria 

 

O Departamento de Biblioteca puxo en marcha o pasado mércores, 16 de novembro, a iniciativa de promoción da lectura “Mochilas Viaxeiras”, nos cursos de Educación Primaria. 

 

O programa pretende incentivar o interese dos nen@s pola lectura mediante unha mochila na que, cada mércores e de xeito individual, portarán oito ou nove libros (dependendo do curso): 

 

A idea é que un alumn@ á semana de cada clase poida levar os contos para casa, lelos con calma e comentalos no caderno de suxestións. O mércores seguinte devolverá as historias para que outro dos seus compañeir@s poida desfrutalas. 

 

As anotacións do caderno de comentarios axudarán aos alumn@s a compartir inquedanzas, curiosidades, saber ter opinión e espíritu crítico. Intercambiarán distintos puntos de vistas dende o respeto pola diversidade de ideas e pensamentos. 

 

Compartímosvos (documento adxunto) un díptico da Consellería de Educación con moito máis información sobre esta actividade.

 

Mochilas Viaxeiras

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Diptico_mochilas_viaxeiras.pdf378.3 KB