Novas sobre a publicación da listaxe provisional de admitidos 23-24: Data e medio de consulta.

Estimadas familias:

 

Temos o pracer de informarlles de que o listado de admitidos para o curso 2023-24 publicarase o próximo 25 de abril. Só poderá ser consultado a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou presencialmente no taboleiro de anuncios dentro do hall do centro escolar.

 

Este listado será provisional e estará suxeito a posibles reclamacións, que poderán presentarse cun prazo de 5 días hábiles, segundo a normativa vixente. A lista definitiva publicarase o 9 de maio.

 

Para consultar o estado da súa solicitude, pode acceder á aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado co seu usuario de Chave 365 ou co código que se lle asignou ao crear a solicitude. Tamén pode contactar co centro escolar para calquera dúbida ou consulta.

 

Grazas por confiar no noso centro para a educación dos seus fillos e fillas.