Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2023-24

O CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez informa que hoxe martes 25 de abril fanse publicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ás prazas escolares para o curso 2023-2024. As listaxes estarán dispoñibles para consultar exclusivamente por vía electrónica a través da aplicación informática na web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365. Por outra parte as listaxes serán publicadas de maneira presencial no taboleiro de anuncios interior da entrada principal. As persoas interesadas poderán presentar reclamacións ou alegacións ante o Consello Escolar do centro, no prazo de cinco días hábiles a partir da publicación das listaxes. O CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez agradece a súa colaboración e confianza no noso proxecto educativo.