Xa se poden solicitar as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Abriuse o prazo para solicitar as bolsas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o próximo curso académico. Estas bolsas teñen como obxectivo facilitar a inclusión educativa e a igualdade de oportunidades deste colectivo. Os requisitos e as condicións das axudas pódense consultar na convocatoria publicada o 26 de abril de 2023 no Boletín Oficial do Estado. O prazo de presentación de solicitudes comezou o 08 de maio de 2023 e remata o 20 de setembro de 2023.

 

Podes consultar a páxina web do Ministerio de Educación para mais info: Tipos de ayuda - Ayudas de apoyo educativo - Becas y ayudas para estudiantes | Ministerio de Educación y Formación Profesional (becaseducacion.gob.es)