SOLICITUDE DE RESERVA PARA O INSTITUTO (SÓ 6º CURSO DE PRIMARIA)

De conformidade co establecido no Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Dende hoxe 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro queda aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2024/25 no IES XUNQUEIRA I ao que está adscrito o noso centro.

 

Existen dúas vías para facelo:

  1. A través da SEDE electrónica na aplicación AdmisiónAlumnado. Para poder facelo así é preciso contar con certificado dixital ou a chave 365. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.)

    1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

      Seleccionando a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear. Despois de cubrir a información que se solicite, haberá que premer no botón “Crear e Confirmar”. Finalmente e despois de descargala e asinala, poderase presentar manualmente no centro.

    2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

      Para poder facelo así é preciso contar con certificado dixital ou a chave 365.

      Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS E CONSENTIMENTO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA, última páxina da solicitude que se pode visualizar e descargar na mesma aplicación).

  2. A través do propio centro. Estará o impreso á vosa disposición na secretaría do centro. (Impreso de reserva en galego) (Impreso de reserva en castelán)

 

AdxuntoTamaño
RESERVA PLAZA CASTELÁN.pdf1.34 MB
RESERVA PRAZA GALEGO.pdf1.23 MB