Descubrimos un novo cogomelo!!!

A noticia no Faro de Vigo do 9 de decembro de 2012

Grazas á Concellería de Normalización do Concello de Pontevedra por apoiar sempre as nosas inciativas, e sobre todo a Xaime Blanco experto micólogo de Brincabois, noso guía e descubridor no monte das Pias.

Agora tocará cos nosos compañeiros de Campañó, Xeve e Verducido bautizar en galego a este novo cogomelo que levarará o nome de Pontevedra por todo o mundo.

O de aquí abaixo é un Libro Interactivo Multimedia (lim) sobre os cogomelos que nos pasan os nosos compañeiros do CEIP de Parada-Campañó. Practica e lembra cousas. Clica no televisor da parte superior e logo, para pasar, nas frechas da barra de abaixo.