Carta aos nosos colegas portugueses de Lousada

Hai pouco enviámoslles unha carta aos noso colegas de Lousada en Portugal con quen partillamos algunhas cousas e  colaboramos nun proxecto Comenius xunto con outros 6 países, entre outras diciámoslles:

…<Hai tamén uns días tivemos unha experiencia no cole que se chama “O portugués simple” no que aprendemos algo sobre o voso pais (puidemos ver a fermosa Casa da Música no Porto, entre outras moitas cousas) e tamén prezar moitos parecidos entre o voso idioma e o galego, aínda que nos sorprenderon os “falsos amigos” esas palabras que teñen significados ben diferentes nas dúas linguas como vaso ou lentellas, toda a clase foi en portugués e nós fixemos un seguimento moi doado>…

 

foi unha actividade moi interesante , grazas á Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra

http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/materiais/