Ed. Primaria

DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E NOVAS TAREFAS.

De acordo coas instrucións publicadas na Web da Consellería o pasado día 20 procedemos a organizar a ENTREGA DE MATERIAL DO ALUMNADO.

Lembren que debemos facelo seguindo as normas establecidas, por iso fixamos quendas de recollida e diferentes zonas de acceso ao centro a fin de garantir a seguridade de todos e todas.

PREGAMOS QUE,  na medida do posible, ACUDA AO CENTRO UN SÓ MEMBRO DE CADA FAMILIA.

Ademais, se alguén ten mochila viaxeira na casa, por favor, que aproveite para traela.

- A devolución organizarase da seguinte maneira.:

1º A, 3º A e 5º A o xoves de 10 a 12 horas.
1º B, 3º B e 5º B o xoves de 12 a 14 horas.
2º A, 4º A e 6º A o venres de 10 a 12 horas.
2º B, 4º B e 6º B o venres de 12 a 14 horas.


- As familias de 1º e 2º  entrarán polo patio rodeando o edifico prinicpal e accederán ás aulas a través da porta traseira.
- As familias de 3º e 4º entrarán pola porta principal.

- As familias de 5º e 6º accederán polo patio, rodeando o edificio principal e cruzando o patio cuberto para acceder ás aulas correspondentes.

Poñeremos indicacións para que non teñades pérdida. 

 

Aproveitamos para dicirvos que tedes á vosa disposición nesta web a adaptación das programacións do terceiro trimestre seguindo as instrucións de inspeción educativa.

 

 

Imos celebrar a nosa festa. PREPARADOS???

Chegou o día!! Preparados?? Mestres e mestras, papás e mamás, avós, avoas, familia enteira, acompañade aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe "San Marcos" nesta nosa festa.

PREMEDE NO VÍDEO E SEGUIDE AS INSTRUCIÓNS DE MARIAJO . Gravádevos cantando e bailando connosco e mandade os vosos vídeos a letrasgalegas2020@ceipsanmarcos.es para que poidamos compartilos con todos vós.

FEEEEEEEEEEEEESTAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!! 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

 

 E como todos os anos, por estas datas, complácenos facervos chegar a nosa/vosa revista "Andaina".  Este ano chega de forma telmatica pero estamos seguros de que vos vai encantar!!

BICOS E APERTAS!!

 

 

Semana do 19 de Maio. Seguimos adiante!!

Comezamos unha nova semana. Esta é un pouco máis curta porque tivemos o luns de descanso.
Aquí vos deixamos algunha cousa para facer.
 
Biblioteca ten unha proposta para o día Internacional da Diversirade Cultural para o iálogo e o Desenvolvemento https://bibliomarquinos.blogspot.com/2020/05/gente.html
 
Dende o PDC achégannos para esta semana xogos populares e tradicionais. http://pdcsanmarcos.blogspot.com/2020/05/xogos-populares-e-tradicionais.html
 
Lembrade que tamén estamos agardando máis vídeos da vosa celebración do día das letras galegas. Xa sabedes, tocando ou cantando o hiimno, bailando o rap da lingua ou o pasodobre que tocou Diego... en fin, o que queirades. Lembrade mandalos a letrasgalegas@ceipsanmarcos.es

Comeza outra semana

 
 

Comeza a Semana das Letras Galegas!!!!!!!!!!

Non vos perdades as actividades que teñen preparadas para vóshttps://edlgsanmarcos.blogspot.com/

 

Semana do 4 de Maio

Bos días a todos e a todas.

Como seguimos?? aproveitando ben os paseos e o bo tempo??

Aquí vos achegamos as novas tarefas para esta semana.

Lembrade que nos blogs seguimos a poñer cousas interesantes.

No blog do Proxecto Deportivo de Centro tedes novidades esta semana.

Powered by Drupal - Design by artinet