Ed. Primaria

Día da PAZ 2016

O 29 de Xaneiro celebramos o día da paz. 

Este ano o noso lema era "amiguiños todos" , así que fixemos bonecos de papel representando a poboadores de todos os rincóns do planeta. 

Agora están pegados no noso mural e polos corredores , portas e ventás,  todos xuntos, dándose a man os uns aos outros. Sen importar a cor, o país, a relixión... AMIGUIÑOS TODOS. 

Tamén fixemos unhas árbores decoradas con flores de cores e pombas brancas coas que quixemos transmitir e expresar os nosos desexos de paz para o mundo.

 

 

 

 

NADAL 2015

E chegado o 18 de Decembro toca celebrar o Nadal

Este ano contamos cunha colaboración moi , pero que moi especial, nada máis e nada menos que Rosa Cedrón que acompañou a Educación Infantil cantando unha fermosa panxolina. Grazas de novo

Os demais tamén aportamos o noso graíño de area. Houbo panxoliñas, houbo bailes, houbo teatro mudo e teatro convencional... Foi moi divertido á vez que entrañable.

E como non podía ser doutro xeito tamén contamos coa visita do carteiro real que coa súa infinita paciencia escoitou os desexos dos nosos pequenos e pequenas.

 

 

 

Samaín // Halloween 2015

Cada ano temos máis nivel na decoración de cabazas. Menos mal que non facemos concurso, sería imposible decidir  cal podería ser a gañadora !! No San Marcos gañamos todos, non hai outra..

Este ano, de novo, Samaín e Halloween no colexio. Que medo!!!

Xa sabedes que, como sempre, tedes máis fotos na Galería

 

MAGOSTO . Setembro 2015

Aló polo mes de Setembro , como todos os anos, e por xentileza do Sr. Claudino, que nunca se esquece de nós, fomos ao Souto a coller castañas.

Foi unha mañá moi agradable. Quentaba o soliño e non vos facedes unha idea da cantidade de castañas que alí había, e qué boas eran!!!

Tamén tivemos unha xornada especial para comelas, por suposto, polo que debemos dar as grazas ao noso querido Luis que sempre ten tan boa man no asado  e pola tardiña, xogos especiais, para facer a homenaxe completa a este froito que tanto nos gusta

Pago comedor

Estimadas familias.

Ante a imposibilidade de facervos chegar os impresos de pago de comedor aconsellámosvos que fagades o pago telemático, a través de Abalar, para o que estades todos habilitados.

Se por calquera cuestión non podedes facelo así mandade un correo ao centro e mandarémosvos á volta de correo un PDF para que poidades acudir ao voso banco habitual.

Moitas grazas.

AVISOS VARIOS PARA ESTA SEMANA

BOS DÍAS A TODAS E A TODOS!!!!

Estamos na recta final, extrano fin de curso...

Achegamos algunhas tarefas para esta semana. 

Aproveitamos tamén para avisar que o venres día 19 o alumnado de 6º ten que devolver os ordenadores. Lembrade que tedes que traer o ordenador, cargador e funda. 

O alumnado de 6º A virá de 10.00 a 12.00 horas.

O alumnado de 6º B virá de 12.00 a 14.00 horas.

 

Temos tamén un aviso importante por parte da ANPA relacionado co banco de libros.

Vai en documento adxunto. 

Bicos e apertaa para todos e todas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet