Ed. Primaria

Orientacións provisionais do 17 de Abril

Estimadas familias.

Agardamos que todos sigan ben de saúde e levando esta situación da mellor maneira posible.

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A SEMANA DO 14 DE ABRIL

Bos días a todos e a todas.

Pois aquí estamos de novo e imos achegando como arquivos adxuntos as tarefas propostas polos mestres.

MARQUIÑOS E GLORIA TEMOS ALGO QUE CONTARVOS

Como xa estamos de vacacións... Marquiños e máis eu, Gloria, tiñamos moitas ganas de falar con vós. Aquí vos queda a miña mensaxe que como veredes, non e so miña...alguén moi importante me acompaña. Xa veredes!!

   

 

MEDIDAS ADOPTADAS POR CAUSA DO CORONAVIRUS 3

Ola a todos e a todas 

Unha semana máis. Veña, moito ánimo que xa queda menos!!

Lembrade que nós seguimos aquí, ao outro lado dos cables, agardando as vosas dúbidas, inquedanzas, ou as vosas apertas virtuais !! O que precisedes !!

Aquí vos achegamos algunhas actividades novas para que sigades traballando pouquiño a pouco na casa. Coma sempre van en adxuntos ao pé da páxina.

MEDIDAS ADOPTADAS POR CAUSA DO CORONAVIRUS 2

Ola a todos e a todas.

Como vedes esta situación vaise alongar máis do inicialmente previsto así que, moito ÁNIMO a todos e a todas.

Nós tamén estamos desexando volver á normalidade, podernos ver as caras, conversar tranquilamente e ata darnos unha boa aperta!! 

Non habemos tardar moito, xa o veredes.

Engadimos esta semana algunha tarefa máis para que vaiades facendo. 

INFORMACIÓN SOBRE MEDIDAS ADOPTADAS POR CAUSA DO CORONAVIRUS

Tendo en conta os acontecementos destes últimos días e as instrucións recibidas por parte da Consellería de Eduación e Formación Profesional informamos:

Powered by Drupal - Design by artinet