Skip to Content

Novas

E ti, que pensas da igualdade?

O alumnado de 5º recibe o primeiro  premio no concurso escolar "E ti, que pensas da igualdade?", organizado pola Deputación de Pontevedra.

Noraboa!

Clica sobre a imaxe para ver o seu traballo.

 

20 de novembro: Día do pixama

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O día 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, o Equipo de Biblioteca levará a cabo unha actividade solidaria.
O alumnado que queira participar deberá traer algún dos produtos indicados (comida para gatos ou produtos de limpeza: lixivia, friegasuelos, vasoiras...)  para a protectora do Morrazo ou Colonias Canguesas e, a cambio, escollerá un libro para levar a casa. A actividade está deseñada para facer un servizo á comunidade e, á súa vez, darlle unha nova vida a aqueles libros que foron descatalogados na biblioteca.

A actividade levarase a cabo na semana do 2 ao 6 de outubro.

Agradecemos a vosa colaboración.

Concurso: diseña un logo

Diseña un logo para conmemorar o 50 Aniversario do noso colexio.

Que é un logo? 

Un logotipo é un símbolo composto por elementos gráficos, texto e imaxen que serve como la identificación visual dunha organización, neste caso, un colexio.

O logotipo debe representar a nosa actividade, a identidade e os valores, por medio de cores, formas e textos.

 

BASES DO CONCURSO:

PARTICIPANTES: Alumnado do colexio.

DATA DE ENTREGA: Ata o 18 de abril. O traballo será entregado ao profesorado titor que corresponda.

Cada autor poderá presentar un único traballo en tamaña DIN4 utilizando a técnica que prefira.

PREMIO SORPRESA PARA OS GAÑADORES.

ANÍMATE E PARTICIPA!

IX Edición do Certame de Relato Curto da FANPA

RADIO DARBO

RADIO DARBO

 

Estimadas familias

No cole estreamos a nosa propia radio escolar!! Nela os nenos e nenas falarán de todo o que suceda no cole: as noticias mais relevantes, contarán contos, falarán de música, faremos programas relacionados coas conmemoracións ou co proxecto do cole…. De todo o que se lles ocorra!!

A radio chamarase RADIO DARBO e estará aloxada na plataforma de internet IVOOX.

Para poder escoitar os programas temos dúas maneiras:

        Aparecerá o logo co “colibriño” e o programa titulado RADIO DARBO e dentro estarán os programas feitos polos nenos e nenas.

        Podedes ir directamente á dirección:    

https://www.ivoox.com/podcast-radio-darbo_sq_f11812142_1.html

  • A segunda maneira é a través do móbil descargando a aplicación IVOOX na play store

      Unha vez descargada tedes que rexistrarvos cun usuario e un contrasinal

      Cando estedes rexistrados podedes buscar no buscador RADIO DARBO

      Cando atopedes o canal podedes darlle a SUSCRIBIR así desta maneira recibiredes unha notificación no móbil cada vez que colguemos un programa.

 

Na páxina web do cole teredes tamén un acceso directo ao canal.

A idea é que todas as semanas saia, alomenos, un programa semanal.

Esperamos que vos guste e que a desfrutedes!!!

 

Moonders Compañía de Ópera

 

Video do alumnado de 6º curso  de Educación Primaria co traballo realizado no Proxecto Lóva.

AS BOAS NOVAS DOS NEN@S DE 6º DE E. INFANTIL (5 ANOS) DO CEIP PLURILINGÜE SAN ROQUE DE DARBO

A residencia Domus Vi felicita aos alumn@s  de 6º de E. infantil da promoción 2019-2020, ás súas mestras  e, ao Colexio  Plurilingüe  San Roque de Darbo en xeral, por  ese gran  traballo  que han realizado para todos  os nosos maiores de DomusVi Cangas.

Facendo clic nas imaxes podes acceder a toda a información.

DOMUSVI

 

ASPAMSIM 

 NORABOA A TODOS E TODAS!!!

MODIFICACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO TRANSPORTADO EN COCHE

A partir do vindeiro luns 26 de outubro, utilizarase a porta lateral que da aceso á pista exterior como zona de entrada e saída para o alumnado que acode ao centro escolar en coche. Como poden ver no plano, o camiño lateral que bordea o centro escolar polas pistas exteriores quedará  cortado á circulación. 

MODIFICACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO TRANSPORTADO EN COCHE
Distribuir contido


by Dr. Radut