Skip to Content

Actividades

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. No centro leváronse a cabo distintas actividades. Unha delas, facer un video con todo o alumnado recitando poemas de Rosalía. Esperamos que vos guste. 

Clica sobre a imaxe para visualizar o video:

STOP MOTION: "O CASCABEL DA GATA"

Dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación, o alumnado de 2º A participou no programa "Nós tamén creamos", elaborando a curta "O cascabel da gata", coa técnica Stop Motion.

 

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER O MAKING OFF DE COMO SE FIXO

Os dereitos da infancia

Actividade realizada polo EDLG na que participou todo o centro para conmemorar o día da infancia.

 

Danza de Darbo

Despois de moitos anos esquecida, dende o Edlg puidemos comezar a recuperala. Grazas a colaboración da "Asociación Lembranzas da ría", o alumnado puido coñecer como era a danza da nosa parroquia, a vestimenta que utilizaba, cando se danzaba, que puntos se facían,... Esta actividade rematou co alumnado de diferentes idades e asociacións xuntos e rerpresentando esta tradicional danza o día de entroido do noso centro. Esperemos que para o ano, se poidan apuntar máis mestres e familias a recuperar esta danza. 

Esperámosvos para o ano!

                                         

 

                                                                               


Máis información sobre a danza

Vídeo para o Día de Rosalía

O alumnado do 1º ciclo realizou un vídeo de "Cangas na morriña e saudade", con fotos de Cangas antiga e Cangas actual utilizando a canción de "Rosalía pequeniña". Este vídeo foi enviado á residencia de Aldán, Tendelamán e Domus VI como actividade de dinamización do galego e colaboración con asociacións da contorna.

Día da paz en colaboración coa residencia de Aldán Domus Vi

CEIP SAN ROQUE DE DARBO, ACTIVIDADE DÍA DA PAZ

Esta semana temos exposto no noso centro o gran traballo dos nenos e das nenas do colexio CEIP San Roque de Darbo. Realizaron unhas nubes cunhas pingas de auga nas que vai unha palabra cargada dunha gran importancia, como os valores nos que temos que educar ás persoas máis pequenas e tamén ás máis maiores. Nas seguintes fotos podedes observar o traballo e como está posto na entrada da residencia. É un pracer colaborar con eles, xa que é unha forma diferente de achegar ás persoas máis xóvenes e ás máis maiores, que tanta falta fai.

Un saudo dende o departamento de Animación Sociocultural.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Desde o EDLG invitámosvos a disfrutar deste vídeo feito coas achegas do alumnado de tódolos niveis educativos.

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano as letras galegas adicáronse ao escritor Carlos Casares.
Dende a biblioteca fixémoslle esta homenaxe coa participación de todo o alumnado.

CARLOS CASARES 2017

 

(Este vídeo e outras actividades podedes consultalas tamén nos blogues de biblioteca e normalización lingüística)

REVISTA ALBORADA 65

 

Entroido 2015

Entroido 2015

Este pasado venres 13 celebramos no colexio a festa do entroido. Xa durante esa semana, e segundo nos ordenou a Farroupeira, fomos "disfrazando" partes do noso corpo. Durante o recreo tomamos unhas riquísimas orellas acompañadas dun delicioso chocolate. Despois, no pavillón, tivemos o desfile de disfraces e cantamos as coplas.

Podedes ver as fotos desta festa clicando na imaxe.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut