Skip to Content

Convivencia

25 N: Día Contra a Violencia de Xénero

O noso colexio conmemora o 25 N, Día Contra a Violencia de Xénero, con diversas actividades de aula e coa... Gran Batucada Feminista.

O xoves 23 de novembro, ás 12:30 horas, sairemos tod@s en desfile ata o parque da Caiña. Estades invitad@s. Vístete de negro e acompáñanos.

O venres 24 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participará nos actos organizados polo Concello, con diversas propostas e actuacións dos colexios de Cangas. Será na Praza das Pontes e na Praza da Palma a partir das 10:30 horas. Anímate, vén e participa!

DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA MACHISTA

Na aula de 4º B comezamos a traballar a fondo a violencia de xénero. A situación actual desta lacra é moi grave e todos necesitamos traballar para erradicala.

Ademais, traballamos que tipos de violencia existen. Sabemos por que se celebra o 25-N e imos facer un glosario na nosa aula virtual con palabras relacionadas coa violencia.

Velaquí o mural que realizamos analizando e creando diferentes lemas que se empregan no 25-N.

Distribuir contido


by Dr. Radut