PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2020/2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o día 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive. O horario de atención ao público será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas. É de obrigado cumprimento o respecto ás medidas de prevención e hixiene (uso de mascarilla...). Tamén se poden recoller os impresos no centro.

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenxa xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

A data máxima para a devolución de libros empregados neste curso 2019/2020 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria será o 07 de xullo, inclusive (se é posible, para unha mellor organización no centro, realizar esta devolución ata o 19 de xuño).

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet