Grupos, Educación Infantil A, Educación Infantil B, 1º de Educación Primaria, 2º de Educación Primaria, 3º de Educación Primaria, 4º de Educación Primaria, 5º de Educación Primaria, 6º de Educación Primaria

RESERVA DE PRAZA

Estimadas familias:

O alumnado, que está cursando actualmente 6º de Educación Primaria, poderá reservar praza de cara ao vindeiro curso escolar 2021-2022 do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

a) Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. Para presentar a solicitude presencialmente deberá entrar e seleccionar a opción de menú  “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

b) Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

c) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

Galego

Castelán

Atentamente.

O EQUIPO DIRECTIVO

TAREFAS VERÁN

Powered by Drupal - Design by artinet