CONTACTO MES DE AGOSTO

Pola presente comunicamos que aquelas persoas que queiran contactar co centro educativo no mes de agosto poderán facelo a través do correo electrónico do centro: 

ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

INICIO CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 03 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 a impartición efectiva das clases e funcionamento do comedor comezará o día 11 de setembro.

Recordamos que nos meses de setembro e xuño o horario de clases será de 09.30 a 14.30 horas e o servizo de comedor de 14.30 a 15.15 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

Para consultar a guía de lectura para o verán premer aquí

COMEDOR 2023-2024

Estimadas familias:

Segundo Instrución 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 01 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2023-2024, para poder ser usuario do servizo de comedor haberá que entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal, o modelo de autodeclaración (Anexo II) antes do 01 de setembro do 2023. Premer aquí para consultar o concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita.

Para colaborar no comedor, comunícaselles o anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do noso centro para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedores escolar durante o curso 2023-2024. Os interesados e as interesadas deberán de entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal o Anexo III debidamente cuberto e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de fotocopia do NIF e certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta. O prazo para entregar ou enviar a documentación remata o día 01 de setembro do 2023. O importe pola dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que se percibirá será de 12,50 euros por día de asistencia efectiva ao comedor.

No caso de que o alumnado presente algún tipo de intolerancia alimentaria ou teña que seguir unha dieta en concreto será necesario presentar certificado médico correspondente.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DATAS PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA AXUDAS DE LIBROS-FONDO LIBROS-MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Pola presente comunícaselles que o próximo 12 de xullo publicarase a listaxe provisional de axudas de libros-fondo libros-material escolar para o alumnado de Educación Primaria do curso 2023-2024 que entregara solicitude de participación no prazo establecido.

As vías para consultar esta listaxe serán as seguintes:

  • Realizar chamada ao centro (881880654).
  • Enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Acudir ao centro no horario indicado para o mes de xullo e publicado na páxina web do centro.
  • Accedendo por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondo libros, empregando a chave 365 ou co certificado dixital.

Poderase realizar reclamacións á listaxe provisional nos dous días seguintes á publicación da mesma.

A listaxe definitiva publicarase o 26 de xullo.

Os vales, tanto para axudas de libros (1º-2º de Educación Primaria) como para material (Educación Primaria), poderanse recoller no centro os días 27 e 28 de xullo.

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024 premendo aquí.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO - MES DE XULLO

Pola presente comunícaselles que o horario do centro no mes de xullo será o seguinte:

  • Luns, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Martes, de 10.15 a 13.15 horas.
  • Mércores, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Xoves, de 10.30 a 13.15 horas.
  • Venres, de 10.00 a 13.00 horas.

Poderán facer calquera consulta ou pedir cita a través do correo electrónico ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

O día 21 de xullo o centro permanecerá pechado.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

FESTA FIN DE CURSO

REVISTA "COUSIÑAS"

Para acceder ao contido da revista premer aquí

 

PUBLICACIÓN DE NOTAS 3º TRIMESTRE-ORDINARIA

Estimadas familias:

O mércores 21 de xuño publicaranse as notas en AbalarMobil correspondentes ao 3º trimestre e á avaliación ordinaria, no caso de primaria.

Ademais o alumnado recibirá as notas en formato papel.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet