III Certame Literario Territorio Vákner

A alumna Mireia Traba Ronquete foi a gañadora na súa modalidade do III Certame Literario Territorio Vákner.

Premer aquí para ler a noticia

MENÚ XUÑO

Para ver o menú de xuño pinchar aquí

GYMKANA LETRAS GALEGAS

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, o prazo para presentar solicitudes rematará o 21 de xuño de 2023 (incluído).

Poderán presentar as solicitudes presencialmente (recoméndase solicitar cita previa) no centro docente ou por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B- Anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude debidamente cuberta a seguinte documentación:

  • Anexo II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2021.

O horario de atención ao público no mes de maio será de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas; tamén mércores, de 15.40 a 16.30 horas. No mes de xuño, será de luns a venres de 09.30 a 10.20 horas; tamén o mércores de 13.40 a 14.30 horas.

A data máxima para a devolución de libros empregados no curso 2022/2023 será o 21 de xuño 2023.

Información membros computables da unidade familiar (Artigo 4): pinchar aquí 

Información Renda per cápita da unidade familiar (Artigo 3): pinchar aquí

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO.

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL - CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Pola presente comunícase que todo o alumnado solicitante de admisión en 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2023/2024 está admitido con carácter definitivo.

Pode consultarse a listaxe definitiva na secretaría do centro.

Atentamente,

O equipo directivo

Powered by Drupal - Design by artinet