PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL - CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Pola presente comunícase que todo o alumnado solicitante de admisión en 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2023/2024 está admitido con carácter definitivo.

Pode consultarse a listaxe definitiva na secretaría do centro.

Atentamente,

O equipo directivo

DESCONVOCADA FOLGA DE TRANSPORTE

Estimadas familias:

Segundo comunicado da empresa correspondente do servizo de transporte no noso centro, a folga de traballadores e traballadoras do sector de transporte de viaxeiros en autobús na Comunidade Autónoma de Galicia convocada con carácter indefinida desde o luns 08 de maio foi finalmente desconvocada.

Os servizos das liñas operadas por Monbus realizaranse, polo tanto, con normalidade.

Atentamente, 

O equipo directivo

 

 

 

 

MENÚ MAIO

Para ver o menú de maio pinchar aquí

FOLGA TRANSPORTE 8 DE MAIO CON CARÁCTER INDEFINIDA

Pinchar aquí para consultar servizos mínimos

DESCONVOCADA A FOLGA DE TRANSPORTE

Estimadas familias:

Segundo comunicado pola empresa correspondente do transporte no noso centro, a folga de traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros en autobús na Comunidade Autónoma de Galicia convocada polos sindicatos CIG, UGT e CCOO para este xoves 27 e venres 28 de abril de 2023 foi finalmente desconvocada.

Os servizos das liñas operadas por Monbus realizaranse, polo tanto, con normalidade.

Atentamente,

O equipo directivo

 

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Comunícaselles que o 02 de maio de 2023 será día non lectivo en substitución de festivo local, tal como establece o artigo 7.2. da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

SEMANA DO LIBRO

 

FOLGA TRANSPORTE 31 DE MARZO

Tal como establece o DOG do día de hoxe os servizos mínimos inclúen o transporte escolar.

Powered by Drupal - Design by artinet