FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Estimadas familias:

Pola presente comunicámoslles que aquel alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro educativo poderá formalizar a matrícula desde o 20 ata o 30 de xuño en horario de 9.30 a 10.20 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS - SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Durante os meses de maio e xuño tivo lugar no noso centro o II Campionato de Campo a Través "Santa Eulalia de Dumbría":

 

Romance da Solteiriña

Se pinchades no enlace de Facebook no menú de redes sociais á dereita da pantalla, poderedes visionar o traballo realizado polo alumnado de 1º/2º de Educación Primaria "O romance da Solteiriña".

MENÚ XUÑO

Para ver o menú de xuño pinchar aquí

Canción do Vákner

O alumnado do noso centro coa mestra de Música interpretan a canción do Vákner. 

Pinchando no enlace do Facebook no menú de redes sociais á dereita da pantalla, podedes visionar o vídeo.

Un gran traballo!

ACTIVIDADE DE PESCA

Hoxe, 27 de maio, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria gozou da visita de David Arcay, tetracampión mundial de pesca.

 

HORARIO MES DE XUÑO

Estimadas familias:

Recordámoslles que desde o 01 de xuño o horario lectivo será de 09.30 a 14.30 horas, co servizo de comedor de 14.30 a 15.15.

As clases finalizarán o 22 de xuño.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes será desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño (ambos inclusive). 

Poderán presentar as solicitudes presencialmente (recoméndase solicitar cita previa) no centro docente ou por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https//sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I, en arquivo adxunto) debidamente cuberta a seguinte documentación:

  • Anexo II (en arquivo adxunto)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2020.

O horario de atención ao público no mes de maio será de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas, e tamén o mércores de 15.40 a 16.30 horas. No mes de xuño, será de luns a venres de 9.30 a 10.20 horas, e tamén o mércores de 13.40 a 14.30 horas.

A data máxima para a devolución de libros empregados no curso 2021/2022 será o 22 de xuño de 2022.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

VEXO VEO XACOBEO

Estimadas familias:

Premendo aquí poderán ver o vídeo feito nas nosas instalacións por parte da Xunta de Galicia co motivo da realización do proxecto Vexo Veo Xacobeo na etapa de Educación Infantil e en 1º/2º de Educación Primaria.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2022/2023 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro (en Dirección) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso indentificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Do 20 ao 30 de xuño será o prazo para a formalización de matrícula. O horario de atención ao público será de luns a venres, de 09.30 a 10.20 horas, e tamén o mércores, de 13.40 a 14.30 horas. Recoméndase pedir cita previa no teléfono 881880654 ou a través do correo electrónico ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet