COMEDOR 2021/2022

Estimadas familias:

Segundo a Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 01 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021/2022, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II) antes do día 08 de setembro (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2020).

Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta instrución debidamente cuberto e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta. O prazo para entregar a documentación remata o 08 de setembro. 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS - SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Os días 31 de maio e 01 de xuño tivo lugar no noso centro o I Campionato de Campo a Través "Santa Eulalia de Dumbría". Aquí vos deixamos unhas fotos das probas:

Saída 3 anos

Pódium 3 anos

Saída 4-5 anos

Pódium 4-5 anos

Pódium 1º - 2º

Saída 3º - 4º

Pódium 3º - 4º

Saída 5º - 6º

Pódium 5º - 6º

Noraboa campións!

MENÚ XUÑO

Para ver o menú de xuño pinchar aquí

CAMPAÑA COME LOCAL

Estimadas familias:

O servizo de comedor do noso centro, en colaboración coa Asociación Slow Food Compostela, leva participando desde as últimas semanas nunha campaña de promoción de produtos dentro das DOP (Denominación de Orixe Protexida), IXP (Indicación Xeográfica Protexida) e da Agricultura Ecolóxica de proximidade.

Esta campaña consiste en achegar ao comedor, de forma gratuíta, produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. Os usuarios e as usuarias do comedor poderán degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantizada, ademais de levar receitarios proporcionados por Ternera Gallega.

Tamén haberá diversos carteis informativos no comedor (VER ARQUIVOS ADXUNTOS)

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

HORARIO MES DE XUÑO

Estimadas familias:

Recordámoslles que o horario de xornada continua dará comezo o martes, día 01 de xuño. 

Este horario distribúese da seguinte maneira:

  • Clases: 9.30 - 14.30 horas.
  • Comedor: 14.30 - 15.10 horas.
  • Saída: 15.15 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2021/2022.

Esta orde ten por obxecto regular:

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria, cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/2021.

b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos inclusive. O horario de atención ao público será de Luns a Venres, no mes de maio, de 10.00 a 10.50 horas, e no mes de xuño, de 9.30 a 10.20 horas. É de obrigado cumprimento o respecto ás medidas de prevención e hixiene (uso de mascarilla...). 

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

As persoas interesadas deberán achegar, debidamente cubertos, o Anexo I-II, máis a seguinte documentación:

  • Copia do libro de famlia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

A data máxima para a devolución de libros empregados neste curso 2020/2021 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria será o 22 de xuño, inclusive.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de admisión para o curso 2021/2022 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso, infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Nos próximos días avisaremos ás familias para proceder coa formalización da matrícula.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Comunicámoslles que non haberá clases o día 14 de maio, por ser substitutivo de festivo local, e o 17 de maio, por ser festivo autonómico.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ MAIO

Para ver o menú de maio pinchar aquí

MENÚ ABRIL

Para ver o menú de abril pinchar aquí

Powered by Drupal - Design by artinet