PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL - CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Pola presente comunícase que todo o alumnado solicitante de admisión en 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2024/2025 está admitido con carácter definitivo.

Pode consultarse a listaxe definitva na secretaría do centro en horario de atención ao público.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ ABRIL

Para ver o menú de abril pinchar aquí

ESPAZOS DE MEMORIA

Hoxe, 03 de abril, para o alumnado de 5º/6º de educación primaria e a través do Concello de Dumbría, tivemos a presentación do proxecto "Espazos da memoria, Monte Pindo", un traballo audiovisual con realidade aumentada, grabacións das historias de vida de persoas maiores, imaxes do monte...

Ademais contamos coa presenza de Pepe do Fieiro.

VISITA ANDREA JARDÍ - DEPORTISTA OLÍMPICA VANCOUVER 2010

Hoxe tivemos a inmensa fortuna de que nos visitara Andrea Jardí, toda unha deportista olímpica, participante nos Xogos Olímpicos de Inverno Vancouver 2010:

CEREMONIA DE APERTURA XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS DUMBRÍA 2024

Para ver os vídeos das actuacións pinchar nos seguintes enlaces:

Entrada no pavillón

Figura humana OLA!

Actuación EI A - Halterofilia

Actuación EI B - Ximnasia

Actuación 1/2 - Esgrima

Actuación 3/4 - Natación

Actuación 5/6 - Piragüismo

Os Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024 foron inaugurados polo Sr. Alcalde de Dumbría.

Encendido pebetero

Agradacer a colaboración de toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría para que esta ceremonia resultara posible!

Moitas grazas a todos e a todas!

VISITA UNIVERSIDADE DA CORUÑA INEF - EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado 21 de marzo, o alumnado de Educación Primaria visitou a Facultade de INEF da Universidade de A Coruña en Oleiros.

Durante esta visita, o alumnado de Proxecto Competencial presentou o proxecto “Dumbría 2024” ao alumnado de 3er curso do Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

 

Ao rematar a presentación visitaron as instalacións da facultade e practicando algúns deportes, como por exemplo atletismo ou judo.

Para terminar damos as grazas a María Belén Toja e Isidoro Hornillos pola súa amabilidade e  hospitalidade durante a nosa visita.

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Estimadas familias:

Recordamos que segundo a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024, as vacacións de Semana Santa serán desde o día 25 de marzo ata o día 01 de abril de 2024, ambos incluídos.

As clases reanudaranse o 2 de abril.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

 

PUBLICACIÓN DE NOTAS 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

O 22 de marzo de 2024 publicaranse as notas en abalarMobil correspondentes ao segundo trimestre do presente curso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

EXPERIMENTOS COS ALIMENTOS: PROCURANDO CARBOHIDRATOS

O alumnado de 4º de educación primaria estivo experimentando cos alimentos na procura de almidón:

Powered by Drupal - Design by artinet