O martes 05 de decembro iniciamos as actividades no recreo do comedor:
OBRADOIRO TEATRO
Onte, 28 de novembro, dou comezo o obradoiro de teatro proposto polo Concello de Dumbría como actividade complementaria no noso centro para o curso de 3/4 de Educación Primaria.
DUMBRÍA 2024 - PROXECTO XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS
Estimadas familias:
Este curso o centro realizará un proxecto chamado “Dumbría 2024” que consistirá en recrear uns Xogos Olímpicos e Paralímpicos.
Nestas semanas xa fixemos unha actividade que consistía en recrear a bandeira olímpica cos cinco aros. Cada aula foi a encargada de un aro.
A seguinte actividade consistirá en que o alumnado do centro coa colaboración da súa familia elabore o logo dos nosos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Dumbría 2024. O pasado venres, o alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º fixo unha presentación dos requisitos que debe ter o noso logo e describiu algúns exemplos para orientar a todos os seus compañeiros e compañeiras.
A data límite para que o alumnado presente a súa proposta do logo de Dumbría 2024 é o venres, 1 de decembro.
OBRADOIRO TEATRO
Onte, 21 de novembro, dou comezo o obradoiro de teatro proposto polo Concello de Dumbría como actividade complementaria no noso centro.
NOVOS LOBOS
Onte, 20 de novembro, tivo lugar no noso centro para todo o alumnado o espectáculo "Novos Lobos" organizado pola ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.
TOPONIMÍZATE
No día de hoxe, 17 de novembro, o alumnado de 3º/4º/5º/6º de Educación Primaria asistiu no Centro Social do Concello de Dumbría a unha charla divulgativa e formativa sobre o patrimonio cultural inmaterial do pobo galego.
NOVOS LOBOS
Estimadas familias:
O vindeiro luns, 20 de novembro, todo o alumnado do centro asistirá a un espectáculo de monicreques en prol da igualdade de xénero titulado "Novos lobos" organizado a través da ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.
O evento terá lugar nas instalacións do centro.
BIOESCOLAS
Estimadas familias:
Este curso 2023-2024 o noso centro colaborará coa empresa de reciclaxe Ariol para poñer en marcha unha iniciativa de reciclaxe de aceite usado de cociña chamado BIOESCOLAS.
Esta é unha actividade de reciclaxe de aceite de cociña usado dirixido ao alumnado de centros escolares de Galicia.
O funcionamento da actividade será o seguinte:
- O alumnado, a partir do día 16 de novembro, poderá traer o aceite usado de cociña de casa NUNHA BOTELLA DE PLÁSTICO PECHADA que poderá depositar nun colector específico situado dentro do colexio.
- Este aceite recollido aportará un retorno económico de 15 euros por colector que serán destinados a actividades e/ou material para o alumnado do centro.
- A maiores, participaremos nun concurso con outros colexios onde haberá 3 premios de 500, 250 e 100 euros para os tres centros que, porcentualmente, máis aceite reciclen ao longo do curso.
Desde o centro animámosvos a participar nesta iniciativa de reciclaxe de aceite usado que teñades nos vosos fogares.
Axudemos a educar medioambientalmente aos nosos nenos/as creando hábitos de reciclaxe, coa transparencia de que todos os residuos son materias primas e teñen valor.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »