A NOSA HORTA
Xa temos os bancais colocados. Para a semana comezamos a plantar!
Colocamos a grava:
ESPAÑA - PORTUGAL AMISTOSO PRE-EUROPEO SUB-18
Hoxe, 09 de abril, o alumnado de Educación Infantil e 1º/2º/3º/4º de Educación Primaria, tiveron a oporturnidade de gozar dun partido amistoso sub-18 entre España e Portugal nas instalacións do Conco (Dumbría).
Foto cos xogadores e corpo técnico de España:
e
Foto cos xogadores Tiago (Corcubión) e Iago Larrañaga (Dumbría):
Foto cos xogadores e corpo técnico de Portugal:
Fotos da grada de animación:
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL - CURSO 2024/2025
Estimadas familias:
Pola presente comunícase que todo o alumnado solicitante de admisión en 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2024/2025 está admitido con carácter definitivo.
Pode consultarse a listaxe definitva na secretaría do centro en horario de atención ao público.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
ESPAZOS DE MEMORIA
Hoxe, 03 de abril, para o alumnado de 5º/6º de educación primaria e a través do Concello de Dumbría, tivemos a presentación do proxecto "Espazos da memoria, Monte Pindo", un traballo audiovisual con realidade aumentada, grabacións das historias de vida de persoas maiores, imaxes do monte...
Ademais contamos coa presenza de Pepe do Fieiro.
VISITA ANDREA JARDÍ - DEPORTISTA OLÍMPICA VANCOUVER 2010
Hoxe tivemos a inmensa fortuna de que nos visitara Andrea Jardí, toda unha deportista olímpica, participante nos Xogos Olímpicos de Inverno Vancouver 2010:
CEREMONIA DE APERTURA XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS DUMBRÍA 2024
Para ver os vídeos das actuacións pinchar nos seguintes enlaces:
Os Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024 foron inaugurados polo Sr. Alcalde de Dumbría.
Agradacer a colaboración de toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría para que esta ceremonia resultara posible!
Moitas grazas a todos e a todas!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »