Complementarias

VISITA DE PAPÁ NOEL 2016

O pasado 20 de decembro tivemos unha visita moi especial no noso cole: recén chegado dende o Polo Norte, Papá Noel estivo con nós para poder facerlle entrega das nosas cartas ou contarlle os nosos desexos de Nadal! Aquí vos deixamos un vídeo cunhas cantas fotos que sacamos. Esperamos que vos gusten.
Ah! E queremos darlle moitísimas grazas a "Papá Noel" por acompañarnos neste día tan especial para todos os pequen@s! 
 
 

NADAL 2016

Deixámosos aquí unhas cantas fotos do festival de Nadal que celebramos o pasado mércores! Non temos fotos da chocolatada, pero si do xantar do día anterior, onde comimos de marabilla!
Bo Nadal a tod@s!

CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL 2016

Como vén sendo tradición xa no noso cole, este ano tamén realizamos un concurso de postais de Nadal. Este ano establecemos catro categorías: infantil, primeiro e segundo, terceiro e cuarto, e quinto e sexto. As postais de Educación Infantil foron realizadas no fogar coa axuda das súas familias, e dende aquí lle queremos dar as grazas a todas elas pola súa participación!
Aquí vos deixamos un vídeo con todas as postais participantes, e mañán no festival sabremos os gañadores. Moita sorte a tod@s!
 
 

 

CAMPIONATO COMARCAL CAMPO A TRAVÉS 2016

O 16 de decembro tivo lugar en Cee a fase comarcal de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

O noso centro acudiu a esta proba acadando uns excelentes resultados.

We can cook!

Thursday, 17th of November 2016.
 
Today we made panut butter cookies. The ingredients are peanut butter, a pinch of salt, eggs, sugar, vanilla and baking soda.l
We made little balls with the mixture and then we baked the cookies. It´s very easy!
And a lot of fun!
 
 

Separemos ben, reciclaremos mellor

O pasado 11 de novembro tivo lugar no CEIP Santa Eulalia de Dumbría unha sesión tipo enmarcada na Campaña "Oportunidades Galicia-Separemos ben, reciclaremos mellor", que constaba dunha charla teórica interactiva e unhas actividades prácticas:

Taller "Día de Código en tu cole - Educar para innovar"

Froito da colaboración entre o Concello de Dumbría e o Europe Direct A Coruña - Deputación da Coruña, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou hoxe, mércores 19 de outubro, na actividade "CodeWeek 2016, Semana Europea da Programación" co obradoiro "Día de código en tu cole. Educar para innovar".

O obxectivo deste obradoiro era que o alumnado traballara as súas competencias e habilidades tecnolóxicas a través dun papel activo que lles permitira adentrarse no mundo da programación.

VI SEMANA DO LIBRO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Agora si que si! Deixámosvos un vídeo resumo da nosa "VI Semana do libro".
Dende o colexio queremos agradecerlle aos contacontos e escritores e escritoras a súa presenza no cole, aprendímos moitísimo con vós e pasámolo pipa! E tamén queremos agradecerlle ásfamilias que nos acompañaron nesta semana para facer máis rica esta experiencia. Sodes uns valentes! 
Moitísimas grazas a tod@s!
 
 

VI Semana do Libro: Rivadulla Corcón e Miro Villar

 

Onte deu comezo  a "VI Semana do Libro", que como ven sendo xa habitual celebramos no colexio ao redor do 21 de abril. Aquí vos deixamos un par de instantáneas da xornada de onte, onde os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria tiveron a visita de dous autores:Rivadulla Corcón e Miro Villar. Moitas grazas por acompañarnos!
 
Máis adiante ensinarémosvos máis fotografías desta e doutras xornadas.
 

Powered by Drupal - Design by artinet