Actividades no centro

Campionato Provincial de Cros

O venres pasado o alumnado seleccionado na actividade realizada anteriormente foi a Porto do Son, a participar no Campionato Provincial de Cros.

Todos o pasamos xenial e non só iso, temos un terceiro posto na clasificación! Un dos nosos compañeiros volveu cunha medalla!

Aquí tedes algunhas fotos do día

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Campionato Cros

Visita Aspanaes

Este mércores, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron aos representantes de Aspanaes As Pontes. Comezaron na biblioteca para facer despois xogos con eles no ximnasio. O pasaron xenial aprendendo sobre esta asociación que traballa con persoas con TEA

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita Aspanaes

Cros escolar - XOGADE 2024

O pasado venres 2 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria desprazouse á Fraga para celebrar a xornada de Cros escolar organizada pola Secretaria Xeral para o Deporte (XOGADE). A participación foi un éxito.

Álbum: Curso 2023-2024 -> XOGADE - Cros 2024

Felices festas!

Dende o CEIPP Santa María desexámosvos unhas

FELICES FESTAS!

Recordamos que voltamos ás clases o día 8 de xaneiro.

 

Pinchando aquí tedes as lecturas recomendadas para este tempo de lecer

Álbum: Curso 2023-2024 -> Nadal 23

Promoción do Rugby

Durante estas semanas tivemos a visita dos adestradores do Fendetestas, o equipo de Rugby de As Pontes, que estiveron fomentando este deporte nas clases de 2º, 4º e 6º.

Aquí tedes máis información sobre o club.

E neste álbum as fotos dos xogos que fixeron co alumnado

Álbum: Curso 2023-2024 -> Promoción Rugby

25N Acrosport

 

Nas clases de Educación Física de 5º e 6º tamén quixemos celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero creando palabras con figuras de Acrosport. Seredes capaces de averiguar as palabras?

 

Promoción Volei

Os días 25 e 26 de outubro viñeron dous xogadores de Voleiball do equipo de San Sadurniño a facer unha sesión de mostra e dar a coñecer o seu club. Os nenos e nenas de todo primaria estiveron encantados con eles!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Promoción Volei

Xogos Samagosteen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Recreos para tod@s

O alumnado de 6º encargarase este curso de controlar o material a prestar nos recreos. Seguro que o fan xenial! e esperemos que tod@s disfruten con este material!

Distribuir contido