Skip to Content

RESULTADOS VOTACIÓNS CONSELLOS ESCOLARES

Rematado o proceso electoral, os resultados nas distintas candidaturas foron os seguintes

PROFESORADO: Dna. Isabel Fernández López (Ap. Infantil) e Dna. Mª Teresa Bermúdez Casal (3ºA)

NAIS E PAIS: Dna. Raquel Rabuñal Erias e Dna. Encarnación Gómez Rodríguez

PERSOAL AD. E SERVIZOS: Dna. Cristina Corral García.

O luns 1 de decembro constituirase o novo Consello Escolar, xunto co resto dos membros que continúan.

 

Candidaturas do sector de Nais e Pais

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de catro do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1 - Dna. ENCARNACIÓN GÓMEZ RODRÍGUEZ

2 - Dna. RAQUEL RABUÑAL ERIAS

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a DOUS pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.  Os outros DOUS representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2012.

A campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 22 de novembro, ambos os dous días inclusive, segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais e pais para o Consello Escolar do 4 de novembro.

RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES

Do 7 ao 14 de novembro ábrese o prazo de presentación de candidaturas dos distintos sectores a renovar no Consello Escolar deste centro.

Polo sector de nais e pais corresponde a renovación de DOUS representantes.  No caso de querer presentar candidatura, pódese retirar a solicitude na secretaría do centro.

Tedes máis información no taboleiro de anuncios do colexio ou no ficheiro adxunto.

En caso de dúbida, poñédevos en contacto ca dirección do centro.

Benvida

O CEIP San Xosé Obreiro é un centro educativo de titularidade pública ubicado en Meicende (concello de Arteixo).

Invitámosvos a navegar pola nosa web para que nos coñezades.

CEIP "San Xosé Obreiro"
Travesa de Meirás, s/n
15140 - Meicende - Arteixo
881 880 214

Distribuir contido


by Dr. Radut