Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-25: LISTAXE PROVISIONAL

Hoxe, 25 de abril publícase a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso. 

As listaxes poderánse revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, a partir de dito día, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase o 15 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-25. XORNADA PORTAS ABERTAS

Do día 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitude de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

Dita solicitude pode realizarse directamente, accedendo á aplicación admisionalumnado. Alternativamente, tamén se pode entregar, unha vez cuberta, na Secretaría do colexio, en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9,30 a 10,30 horas e de 13,10 a 14,00).

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

Solicitude (Anexo II).

Díptico informativo (horario, servizos...)

Toda a información está exposta no taboleiro de anuncios do centro e irá actualizándose co tempo. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

O día previsto para poder ver o colexio será o luns,11 de marzo, ás 6 da tarde.

 

Día da Paz 2024

O pasado martes 30 de xaneiro levouse a cabo no centro a conmemoracíon do Día da Paz e a Non Violencia. No seguinte vídeo - tráiler amosamos algunhas das actividades que se levaron a cabo:

 Para rematar o acto da conmemoración do Día da Paz todo o colexio, cantou e bailou a ritmo de rock "Alto al Fuego", a canción escollida para festexar o Día da Paz:

RESERVA DE PRAZA 2024-2025

Ata o 5 de febreiro estará aberto o prazo para o alumnado de 6º de EP que queira continuar estudos de ESO no IES PASTORIZA.

O procedemento pódese facer online na web da Consellería mediante esta ligazón, ou cubrir o impreso de RESERVA DE PRAZA  e entregalo na Secretaría deste colexio.

Tamén se pode facer directamente, cubrindo a documentación que se lles entregou aos vosos fillos e fillas.  

Importante: No caso de elixires outro centro, tedes de prazo ata o fin do mes de febreiro para comunicar por escrito a renuncia.

O RESTO DO ALUMNADO NON PRECISA REALIZAR NINGÚN TRÁMITE, dado que xa ten reservada a praza neste centro polo dereito de Permanencia.

Aquí tedes máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

 

BO NADAL E FELIZ ANO 2024!

Coma todos os anos, desexámosvos o mellor. Felices festas!!

 

REUNIÓNS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Comunicamos o calendario de reunións iniciais para Educación Infantil:

- 5º e 6º de EI (4 e 5 anos): mércores, 6 de setembro, ás 12,00 horas.

- 4º de EI (3 anos): xoves, 7 de setembro ás 12,00 horas.

Recibide un cordial saúdo das titoras.

AVISO TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

Durante o periodo vacacional o centro permanecerá pechado por obras de mantemento e conservación.

As solicitudes de información ou calquera outro trámite administrativo serán antendidas no noso correo electrónico: ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.gal

Tamén poden dirixirse directamente á Inspección Educativa, no edificio administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 1º,  A Coruña (tfn. 981 184 731).

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E VALES: LISTAXE DEFINITIVA

Tal e como se comunicou por abalarmobil, xa está dispoñible a listaxe definitiva das axudas para adquisición de libros e material escolar. A entrega dos vales realizarase os días 3 e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas. Os non recollidos entregaranse en setembro.

Os libros do fondo solidario (en 3º e 4º de EP) serán repartidos directamente tamén en setembro nas titorías correspondentes. 

 

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO, VALES E FONDOLIBROS. LISTAXE PROVISIONAL

Estimadas familias:

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais de beneficiarios de axudas de vales e fondolibros para o vindeiro curso. Pódese ver no taboleiro interior do centro educativo. Comunicamos que hai dous días de prazo para posibles reclamacións.

Nesta lista non figuran as materias adxudicadas. O venres publicarase a listaxe definitiva, coa relación exacta de libros e materias que corresponderán a cada alumno.

 

FIN DE CURSO 2022-23: CIRCULAR INFORMATIVA E LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias:

Finalizado este curso, pregamos que teñades en conta a seguinte información importante:

CIRCULAR DE FIN DE CURSO

LIBROS DE TEXTO 2023-24

Que pasedes un feliz verán!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut