Skip to Content

BO NADAL E FELICES FESTAS

Xa están dispoñibles as postais de Nadal deste curso. Esta vez adiantámonos!

LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS ADXUDICACIÓN MÁSCARAS (XUNTA)

Xa están dispoñibles as listaxes de adxudicatarios das máscaras proporcionadas pola Consellería no taboleiro interior do Centro.

Contra ditas listaxes pódese presentar recurso ata o xoves, día no que serán publicadas as listaxes definitivas.

Por non terse presentado recurso, as listaxes pasan a definitivas.

Proximamente comunicarase o xeito de entrega ás familias.

MÁSCARAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No marco da campaña contra a violencia de xénero, o Concello de Arteixo vén de proporcionarnos máscaras reutilizables que serán repartidas a todo o alumnado do colexio.

Segundo nos comunican desde o departamento de Educación do Concello, as máscaras están homologadas segundo este certificado e son válidas para un mínimo de 10 lavados sen necesidade de ningún filtro. 

 

Ben falado sexto

Seguimos coa nosa iniciativa de coñecer un pouquiño máis a nosa lingua. Este mes tocoulle a sexto.

 

CONVOCATORIA PARA PARTICIPACIÓN DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS GRATUITAS

O venres 13 de novembro saiu publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Polo tanto, as familias que o soliciten e cumplan os requisitos recibirán gratuitamente máscaras de protección. Para poder participar neste proceso deberase ter en conta o seguinte:

ALUMNADO DESTINATARIO
No noso centro, unicamente o alumnado matriculado en educación primaria.

SOLICITUDES E REQUISITOS:

O alumnado beneficiario de MATERIAL ESCOLAR non terá que presentar a solicitude, xa que recibirá as máscaras directamente. Polo tanto:

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 
b) Deberá que presentar solicitude, no seu caso:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Tede en conta que se utilizarán os datos de 2018).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO: As solicitudes poden presentarse presencialmente dende o 16 ata o 27 de novembro na secretaría do centro, con cita previa. (Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9:30 a 10:30  e de 12:30 a 14:00 horas ).

Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

(Teléfono do centro: 881 880 214)

LISTAXE BENEFICIARIOS: Publicarase o luns 30 de novembro, no taboleiro de anuncios do interior do recinto escolar.

REPARTO: Realizarase no mes de decembro.

Máis información

Modelo de solicitude

NOTA: Haberá solicitudes a disposición das familias na conserxería do centro (sen cita previa).

Ben falado

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos este ano un novo apartado que se chama Ben Falado. Consiste en difundir contidos, palabras, refráns... en galego para que toda a Comunidade Educativa poida aprender ou, recordar algunhas palabras que xa olvidara.

Este mes animouse o curso de 2ºB, e aquí vemos o fantástico resultado: 

AVISO DE INICIO DO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

A ANPA acaba de informar do inicio do servizo de comedor e de madrugadores para mañá, día 1 de outubro. Podedes ler o aquí o comunicado completo.

Adxuntamos tamén o protocolo de comedorMáis información nos seguintes teléfonos:

ANPA: 605 54 57 29

ARUME: 648 68 04 84

NORMAS XERAIS

A profe Marta elaborou este video cas normas resumidas para este tempo tan convulso. Botádelle unha ollada!!

CIRCULAR INICIO DE CURSO E DOCUMENTOS DO CENTRO DE ADAPTACIÓN Á COVID-19

Estimadas familias:

Despois de informar ao Claustro e ao Consello Escolar, poñemos en coñecemento do resto da comunidade educativa os documentos de centro que son obligatorios debido á situación de pandemia que estamos a atravesar. Son os seguintes:

Adxuntámosvos tamén a CIRCULAR DE INICIO DE CURSO, que vos rogamos máis que nunca que teñades en conta.

Por outra banda, o servizo de comedor escolar e madrugadores, organizado pola ANPA, estase preparando para comezar o antes posible. Pregamos que esteades moi pendentes. Este é o último dos seus comunicados.

Aproveitamos para enviarvos moito ánimo e un saúdo moi agarimoso!!

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Dámosvos a benvida a este novo curso escolar, tan extraordinario e tan especial debido á situación actual.

Estamos traballando intensamente para que teñades o máis pronto posible toda a información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas. Para iso estamos a elaborar a adaptación do protocolo COVID-19, e os plans de acollida e continxencia do centro. 

En canto estean rematados serán publicados tanto na páxina web, como comunicados pola aplicación Abalar.

Esperamos poñelos no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.

 O comezo das clases realizaráse coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  •  O venres 11 comezarán as clases tamén o alumnado de de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Tal e como se indica en dito protocolo, NON ESTARÁ PERMITIDO acompañar ao alumnado de educación primaria no acceso ao recinto escolar.

As familias de Educación Infantil, poderán acompañar UNICAMENTE UNHA PERSOA por alumno/a no acceso ao centro.

O horario de entrada, tanto eses dous días como o resto do curso, será escalonado. Cada titor ou titora poñerase en contacto proximamente con vós para darvos máis detalles e indicarvos a porta, horario e modo de acceso ao centro.

Pedímosvos comprensión en todas estas medidas e colaboración para evitar aglomeracións. Tentaremos proporcionarvos máis información en día vindeiros.

Un saúdo moi cordial de todo o profesorado do centro.

 

AVISO IMPORTANTE DA ANPA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

 

Desde a ANPA do centro pásannos un aviso moi importante para todas os usuarios do comedor. Parece ser que se vai atrasar o seu inicio. Podedes ver o seu comunicado aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut