Skip to Content

AVISO DE AXUDAS PARA COMEDOR DO CONCELLO DE ARTEIXO

O Concello de Arteixo comunica que está aberto o prazo para a solicitude de axudas de comedor para o vindeiro curso. O prazo de solicitude remata o día 2 de agosto.

En canto ás axudas para libros e material escolar de Educación Infantil, o prazo abrirase en outubro (do 1 ao 20).

Máis información, na web do Concello.

LISTAXE DEFINITIVA AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS 2020-21

Comunícase que están dispoñibles para consulta as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes  para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros,  adxudicados ou non en función da renda.

Pódense ver no taboleiro interior do centro ou tamén mediante chave365 ou certificado electrónico na aplicación fondolibros

Tal e como se indicou na circular de fin de curso, os vales poden retirarse persoalmente (ou ca autorización asinada e DNI do solicitante por outra persoa adulta,  os días 6 e 7 de xullo, sen cita, de 9:30 a 12:00 horas, por rigorosa orde de chegada. 

NOTAS IMPORTANTES A TER EN CONTA:

- Os vales non retirados eses días serán entregados a partir do 1 de setembro.

- No caso de figurar na relación de admitidos e non corresponderlle libros (por non haber existencias no centro), convén agardar a setembro e falar ca titora ou titor do curso correspondente antes de compralos, por se houbera algunha modificación (donativo, renuncia, etc.) de última hora. 

- De non figurar na listaxe e ter presentada a solicitude, consultar ca secretaría do colexio, preferiblemente por teléfono, ou agardar a setembro, coma no caso anterior.

- Esta é a lista de libros de texto para o vindeiro cursoComa sempre, o libro de actividades de inglés deberá ser adquirido polas familias, xa que non está cuberto por estas axudas. A lista de material será proporcionada nas titorías en setembro.

- Todo o alumnado de 5º curso de primaria entrará no proxecto E-Dixgal, polo que non terá libros de texto e utilizará ferramentas informáticas e dixitais que serán proporcionadas polo colexio.

- OS LIBROS ADXUDICADOS DE FONDOLIBROS ENTREGARANSE EN SETEMBRO, NAS TITORÍAS CORRESPONDENTES.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Comunícase que están dispoñibles para consulta no taboleiro interior do centro as listaxes provisionais de solicitudes  para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros,  adxudicados ou non en función da renda.

Os libros a adxudicar terán esta orde: 1º: Matemáticas, 2º: lingua galega, 3º: lingua castelá, 4º: C. sociais, 5º: C. naturais e 6º: inglés. Serán entregados en setembro nas titorías correspondentes.

En canto aos vales, poden retirarse persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI, tal e como se indicou na circular de fin de curso, os días 6 e 7 de xullo, sen cita, de 9:30 a 12:00 horas, por rigorosa orde de chegada. 

Os vales non retirados eses días entregaranse a partir do 1 de setembro. 

NOTA: En caso de non ter concedida a axuda, cabe a posibilidade de que tanto en  4º como en 6º curso haxa libros dispoñibles, polo que consultade ca titoría antes de mercalos.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020-2021

Comunícase que xa está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021, ca particularidade de que o alumnado de 5º de Ed. Primaria non os necesitará xa que o centro foi admitido no programa E-Dixgal e utilizará contidos e ferramentas dixitais.

Agardamos que a relación de admitidos e excluidos das axudas correspondentes estea publicada a finais desta semana. 

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021: LISTAXE DEFINITIVA

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que xa está dispoñible no taboleiro principal, dentro do recinto escolar, á relación definitiva de alumnado admitido. 

Lembramos que, tal e como figura na normativa vixente, o prazo de FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA será do 1 ao 10 de xullo. De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.

Deberán traer a documentación seguinte:

- Tarxeta sanitaria

- Libro de vacinas (cartilla saúde)

- 2 fotos tamaño carné

- Impreso (cuberto) de formalización de matrícula.

 

CIRCULAR DE FINAL DE CURSO

Estimadas familias:

Comunicamos que está dispoñible a CIRCULAR de fin de curso  con información moi importante a ter en conta. Por favor, lembrade que é moi conveniente dar unha ollada ás páxinas dos cursos, e tamén da ANPA, xa que hai avisos pendentes.

Recibide un saúdo moi cordial.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-21: LISTAXE PROVISIONAL

Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso: 

4º Ed. Infantil: Todas as peticións admitidas.

5º Ed. Infantil: Unha petición, non admitida por non haber vacante.

1º Ed. Primaria: Dúas peticións para unha vacante. Despois de ser baremadas, unha é admitida e outra non é admitida por non haber vacante. 

2º Ed. Primaria: Unha petición, admitida.

As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de TRES días hábiles, do 8 ao 10 de xuño, inclusive, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase antes do 25 de xuño.

A formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020-21.

Estimadas familias:

A Consellería acaba de publicar a Orde que convoca as axudas de libros de texto, fondolibros e material escolar para o vindeiro curso.

O prazo vai desde o 20 de maio ao 19 de xuño, incluidos.

As solicitudes presentaranse preferentemente de xeito telemático nos seguintes espacios web en dito prazo:

Fondolibros (Para cubrir a solicitude)

Chave365  (Para entregala, xunto ca documentación aportada)

Dadas as excepcionais circunstancias que estamos a pasar, de non ser posible facelo por internet, tamén se poderán presentar na Secretaría do centro, solicitando CITA PREVIA no teléfono 881 880 214 ou escribindo a ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es

O HORARIO DE ATENCIÓN será de 9:30 a 12:00 horas.

Se fose preciso, nese horario pódese vir recoller (sen cita) a solicitude para poder presentala posteriormente (con cita). Para calquera outra cuestión chamade ou escribide.

Solicitude de axudas libros, material escolar e fondolibros.

Circular informativa 

NOTA: O alumnado de 6º de Primaria deberá facer a solicitude no IES PASTORIZA ou no instituto que sexa admitido.

APERTURA DO CENTRO PARA SOLICITUDE DE MATRÍCULA

 

NOTICIA IMPORTANTE SOBRE A ADMISIÓN DE ALUMNADO:

Segundo os novos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria de Galicia,  o vindeiro luns, 11 de maio, reanúdase o prazo para solicitudes de admisión (Só para alumnado de novo ingreso)

Recoméndase encarecidamente facer a presentación telemática . Pode facelo AQUÍ. (a partir do luns)

En todo caso, o Colexio volverá abrir a partir de dito día baixo as seguintes condicións:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive.
  • A documentación a presentar será a que se indica neste apartado.
  • O horario de atención será de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do colexio. (Aquelas persoas que xa presentaron a solicitude non teñen que volver a facelo).
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo (no seu caso) será ata o 26 de maio. (En caso de dúbida, recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
  • As listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido publicaranse antes do 8 de xuño.
  • As posibles reclamacións terán lugar do 9 ao 11 de xuño no horario antes indicado, tamén na secretaría.
  • A publicación das listaxes definitivas realizarase antes do 26 de xuño.
  • Por último, a formalización da matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

A información e as datas anteriormente descritas atópanse na Resolución da Consellería de Educación do 7 de maio.

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

  1. Só se atenderá unha persoa de cada vez na secretaría.
  2. Deberán seguir as indicacións do conserxe na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se poidan atopar no recinto.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abrirá desde o luns 11, e co persoal imprescindible, exclusivamente para atender a este proceso de  admisión de alumnado.

Para o resto de consultas ou trámites, por favor, chamar ao  teléfono 881 880 214 ou escribir  ao correo ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.gal

TERCEIRO TRIMESTRE. ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS PRIMARIA.

ACTUALIZACIÓN DE MAIO: PROGRAMACIÓNS DO 3º TRIMESTRE

Dadas as especiais características deste trimestre, as programacións dos cursos foron modificadas para adaptarse á nova situación, seguindo instruccións da Inspección Educativa.

Estas son as modificacións realizadas en Educación Primaria para o terceiro trimestre:

1º curso.                     2º curso.                   3º curso.

4º curso.                     5º curso.                   6º curso.

 

Estimadas familias, estimados nenos e nenas:

Hoxe damos comezo ao terceiro trimestre con un montón de incertidumes xa que de momento, como sabedes, toca seguir confinados. Nesta situación tan extraordinaria que nos toca vivir, agardamos que vos atopedes ben de saúde, que é o máis importante.

Comentámovos que, seguramente igual ca vós, estamos impacientes por saber como se van artellar o traballo escolar e a avaliación, tanto deste trimestre como do curso completo. Todo apunta a que probablemente haberá unha decisión neste senso a finais de semana así que, en canto teñamos noticias, farémosvolo saber.

Mentres tanto, tal e como nos comunican desde a Consellería, continuaremos co repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido ata o momento.

Unha aperta moi cordial e moito ánimo, que xa queda menos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut