Skip to Content

AVISO E ENTREGA DAS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias, queridos nenos e nenas:

Comunicámosvos que  temos a intención de chamarvos por teléfono (é posible que vos apareza con nº oculto) ao longo dos días de hoxe e de mañá, para interesarnos por vós e saber como vos vai despois de tantos días de confinamento. Como sabedes o día 3 de abril darían comezo as vacacións polo que aproveitamos tamén para dicirvos que os boletíns de notas estarán dispoñibles desde a app  abalarMóbil a partir das dúas da tarde dese día. A avaliación está feita con remate o día 14 de marzo, último día de clase efectiva.

Quen non teña a aplicación terá que descargala antes seguindo as indicacións desta páxina. No caso de que vos dea erro, solicitádea no correo do centro ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es ou tentade comunicar co centro no 881 880 214 ou no 623 22 75 23, desde onde tentaremos axudarvos. Se non fose posible, entregaranse cando se poida, ao rematar a cuarentena.

Saúdos e moito ánimo para que se acabe pronto isto e poidamos volver vernos pronto!

AVISO IMPORTANTE DO CONCELLO

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello infórmannos que están a disposición de todas as familias que o precisen no 690067041 ou nos seguintes teléfonos:

UNHA MENSAXE DE TODO O PROFESORADO!

Queridos nenos e nenas:

Pronto se cumplirán 15 días desde que se decretou o estado de alarma e queremos felicitarvos polo ben que o estades facendo, axudando na casa e  facendo os deberes que vos imos poñendo. Infelizmente, isto aínda non acabou. Agora ven a parte máis difícil, quedan outros quince días máis e por iso queremos mandarvos unha mensaxe moi importante para que nos se vos esqueza: 

                                             QUEDA NA CASA! 

Porque ese é o mellor xeito de axudar a todas as persoas que non poden facelo por nós: á xente que nos atende e mantén funcionando os supermercados, panaderías, etc, aos repartidores, transportistas, forzas de seguridade e, sobre todo, á máis importante: o persoal sanitario, a quen lles aplaudimos todos os días por como se están xogando a vida. Ánimo, xuntos podemos conseguilo. Aquí vai o noso aplauso para vós!!

NOVIDADES

DÍA 23 DE MARZO

Como sabedes, o estado de alarma vai ser prorrogado outros 15 días máis, sentímolo pero é necesario para ganarlle ao virus. Nós imos seguir traballando e axudando quedando na casa, ese vai ser o noso traballo máis importante e o noso mellor xeito de axudar. Mentres tanto, seguiredes a ter as actividades no curso correspondente. Saúdos e moito ánimo a todos e todas!!

 

DÍA 17 DE MARZO

Algunhas familias fixéronnos chegar que teñen problemas con algunhas das actividades que están en flash porque non dispoñen de ordenador ou prefiren facelas co teléfono móbil. Se este é o voso caso, a solución é descargar unha app desde google play chamada PUFFIN WEB BROWSER, un navegador que permite visualizalas correctamente. O malo é que ten anuncios, sentimos as molestias.

Lembrade que estamos á vosa disposición no tfno. 881880214 (horario de 10 a 13 horas) ou no correo ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es a calquera hora. Moito ánimo!!

 

 

DÍA 16 DE MARZO:

Estamos tendo moitos problemas para as actividades nesta web, xa que se colapsa continuamente. Agardamos poder facelo ao longo do día. 

Se precisades comunicarvos con nós, podedes usar o correo electrónico do centro: ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es. Procuraremos atendervos o mellor que poidamos.

DIA 15 DE MARZO:

Consecuentemente co que determina o Real Decreto que establece o estado de alarma, o proceso de matrícula queda suspendido

Tamén queda suspendido polo mesmo motivo o horario de atención ao público xa que non haberá profesorado no centro.

Aproveitamos de novo para transmitirvos moitos ánimos para pasar estes días. Unha aperta moi forte!!

INSTRUCIÓNS RECIBIDAS PARA ESTES DÍAS DE PECHE DO COLEXIO

Estimadas familias,

Como sabedes, todos os colexios permanecerán pechados tanto para as actividades lectivas como para madrugadores, comedor, transporte, etc. desde o vindeiro 16 de marzo por un tempo de 14 días naturais, debido ao Coronavirus Covid19.

Durante este tempo, convén ter en conta as seguintes instrucións provisionais nos acaba de pasar a Consellería:

1. O prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión amplíase e finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes. O centro unicamente abrirá as portas estes días para tal efecto, de 10:00 a 12:00 horas.

2. O profesorado irá colgando na páxina web do centro, no curso e materia correspondente, as actividades a realizar polo alumnado no domicilio. Ditas actividades é preferible realizalas no horario matinal e poden ir variando ao longo destes días.

3. O profesorado fará, dentro das súas posibilidades, un seguemento das actividades realizadas, titorizándoas de xeito telemático, nunca presencial, e tentarán axudar e resolver as posibles dúbidas por correo electrónico.

Lembrade que estas medidas son provisionais e teremos que estar atentos ás noticias que se vaian producindo. 

Desexámosvos moita sorte para que todo esto pase rápido e poder volver a vernos o máis axiña posible.

Un saúdo moi cordial do equipo directivo e de todo o profesorado do centro!

AVISO MOI IMPORTANTE!!

ACABAMOS DE RECIBIR AGORA MESMO, ÁS 14:00 HORAS, O SEGUINTE COMUNICADO DA INSPECCIÓN EDUCATIVA:

"Dacordo co informado hai uns intres polo Xefe do Servizo de Inspección e, segundo o comunicado en rolda de prensa polo Presidente da Xunta, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020, e de xeito recomendable a partir de mañá 13/03/2020.
Para calquer información adicional consultar a páxina web da Consellería de Educación."

 

Polo tanto, as familias que así o prefiran, poderán enviar aos seus fillos e fillas mañá venres día 13 de marzo ao centro, pero a partir do luns 16 xa non haberá aulas.

 

ENTROIDO 2020

Volvemos celebrar este ano o Entroido e nesta ocasión o tema escollido foi A HORTA. Hai que dicir que foi un dos máis lucidos dos últimos anos! No desfile poidemos ver granxeiros e granxeiras, insectos de todo tipo, froitas e verduras... enfi, unha pasada!

Despois, coma sempre, compartimos as larpeiradas aportadas pola familia e o chocolate, que foi aportado pola ANPA. Desta vez si que chegou para todo o mundo!

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

Do día 1 ao 23 de marzo (20 de marzo online) estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente sen ter que vir ao colexio, accedendo á aplicación admisionalumnado, ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en conta o seguinte:

- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Instrucións)

Vacantes e información resumida (circular informativa)

Criterios de valoración a efectos de baremo

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:  LUNS 9 DE MARZO, ás 18:00 horas

 

DIA DA PAZ 2020

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Desta vez, igual que o ano pasado, non tivemos sorte co tempo e non poidemos facelo ao aire libre, como tiñamos previsto. 

Menos mal que ao final escampou e poidemos soltar as pombas!

FELICES FESTAS E BOAS VACACIÓNS!

Xa chega o Nadal de novo e coma sempre queremos desexarvos que teñades unhas moi felices festas cas postais elixidas en cada curso este ano 2019.

Feliz 2020 e Bo Nadal para tod@s. Ata día o vindeiro 8 de xaneiro !!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut