Skip to Content

Ben falado Primeiro

Comezamos este mes de xuño coa explicación que nos fan os alumnos e alumnas de primeiro dos refráns dos meses do ano. Fixérono de marabilla!!

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021-22

Estimadas familias:

A Consellería vén de publicar a Orde que convoca as axudas de libros de texto, fondolibros e material escolar para o vindeiro curso.

O prazo vai desde o 21 de maio ao 22 de xuño, ámbolos dous días incluidos.

As solicitudes presentaranse preferentemente de xeito telemático nos seguintes espacios web en dito prazo:

Fondolibros (Para cubrir a solicitude)

Chave365  (Para entregala, xunto ca documentación aportada)

Tamén se pode presentar a solicitude na secretaría do centro, debidamente cuberta e acompañada da copia do libro de familia e resto de documentación, no horario de atención ao público.

Solicitude

Circular informativa

NOTA: O alumnado de 6º de Primaria que pase de curso deberá facer a solicitude no IES PASTORIZA ou naquel instituto que sexa admitido.

Cantando á Xela Arias

  • Este ano a autora homenaxeada polo día das Letras Galegas é Xela Arias, propoñémosvos unha viaxe polos versos de Xela da man da Banda da Loba, grupo de música galega. Pinchade nos enlaces:

  • Hasme oír
  • Intempériome

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022: LISTAXE DEFINITIVA

 

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que xa está dispoñible no taboleiro principal, dentro do recinto escolar, a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido.

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR:

ADMITIDOS: Deberán formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño. (De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.)

Para iso deberán aportar a documentación seguinte:

- Tarxeta sanitaria.

- Libro de vacinas (cartilla saúde).

- 2 fotos tamaño carné.

Impreso (cuberto) de formalización de matrícula.

NON ADMITIDOS:

Deberán agardar á resolución da Comisión de Escolarización, que decidirá o que proceda e contactará cas familias afectadas. 

Ben falado 3ºB

Seguimos coa nosa iniciativa de coñecer un pouquiño máis a nosa lingua. Este mes tocoulle a 3ºB.

 

 

Ben falado 4º

Este mes é cuarto quen nos deleita coa súa explicación dos nomes dos animais. Estade moi atentos!

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-22: LISTAXE PROVISIONAL

Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso: 

4º Ed. Infantil: Todas as solicitudes foron admitidas.

6º Ed. Infantil: Tres solicitudes para unha vacante. Foron baremadas resultando unha admitida e dúas non admitidas.

1º Ed. Primaria: Tres solicitudes, non admitidas por non haber vacante.

2º Ed. Primaria: Unha solicitude, admitida.

3º Ed. Primaria: Dúas solicitudes, admitidas.

As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Ben falado 2ºA

Continuamos as nosas leccións. Esta vez son os nenos e nenas de 2º A os que nos explican a diferenza entre entroido e carnaval.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022: SOLICITUDES E PRAZO

Do día 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente accedendo á aplicación admisionalumnado, ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

Criterios de valoración a efectos de baremo

- Folleto informativo

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón

VISITA VIRTUAL AO COLEXIO 

Debido á situación de pandemia non haberá xornada de portas abertas. No seu lugar ofrecémosvos unha visita virtual ao colexio. Agardamos que vos guste!

 

Ben falado 5ªA

Este mes axúdannos os rapaces e rapazas de 5ºA a bucear no complexo mundo dos pronomes persoais. Con estas explicacións quédanos un pouco máis claro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut