Skip to Content

REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO DE 3 ANOS

O martes, día 6 de setembro, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de E.I. (3 anos).

Nesta reunión a titora explicará o funcionamento do colexio e a aula nesta etapa educativa, e tratará de resolver e dar resposta as dúbidas e preguntas que se poidan plantexar.

 

AVISO TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

Durante o periodo vacacional o centro permanecerá pechado por obras.

As solicitudes de información ou calquera outro trámite administrativo serán antendidas, ou ben por correo electrónico (ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.gal), ou directamente na Inspección Educativa da Coruña, no edificio administrativo Monelos (rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar; teléfono 981 18 47 31).

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS: LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVO

Estimadas familias:

Xa están dispoñibles para consulta (no taboleiro interior do centro) as listaxes de solicitudes  para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros,  adxudicadas ou non en función da renda. 

Os vales poden retirarse persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI, tal e como se indicou na circular de fin de curso, os días 5 e 6 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas. Os vales non retirados entregaranse a partir do 1 de setembro.

O material escolar a adquirir publicarase no apartado correspondente de cada curso, nesta mesma páxina web, ainda que é posible que non esté dispoñible ata o mes de setembro, dado que depende da adxudicación das titorías.

Os libros do Fondo Solidario serán entregados no mes de setembro polas titoras de 3º e 4º curso.

Esta é a relación de libros de texto do vindeiro curso:

Listaxe de libros de texto 2022-2023

 

REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO 4º ED. INFANTIL (NOVO INGRESO)

O día 29 de xuño, ás 12,00 da mañá, terá lugar unha reunión informativa na Biblioteca do colexio para as familias do alumnado de 4º de educación infantil que rematan de formalizar a matrícula por primeira vez.

Nesa reunión explicaremos as normas de funcionamento e convivencia nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar, como preparación para o vindeiro curso 2022-2023.

Agardámosvos!

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-23

Estimadas familias:

A Consellería acaba de anunciar a convocatoria de fondo solidario de libros de texto e de axudas para adquirir material escolar para o vindeiro curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente de xeito telemático nos seguintes espacios web antes do 22 de xuño, día no que remata o prazo:

Fondolibros (Para cubrir a solicitude)

Chave365  (Para entregala, xunto ca documentación aportada)

Tamén se pode presentar a solicitude na secretaría do centro, debidamente cuberta e acompañada da copia do libro de familia e resto de documentación, no horario de atención ao público.

Solicitude

Circular informativa

NOTA: O alumnado de 6º de Primaria que pase de curso deberá facer a solicitude no IES PASTORIZA ou naquel instituto no que fose admitido. De darse o caso de estar pendente de admisión, poderá facelo neste centro.

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023: LISTAXE DEFINITIVA

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que xa está dispoñible no taboleiro principal, dentro do recinto escolar, a relación definitiva de alumnado admitido. 

PROCEDEMENTO A SEGUIR:

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, aportar a documentación seguinte:.

- Tarxeta sanitaria.

- Libro de vacinas (cartilla saúde).

- 2 fotos tamaño carné.

Impreso (cuberto) de formalización de matrícula.

 De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.

SOLICITUDES PRESENTADAS FÓRA DE PRAZO:

Deberán agardar á resolución da Comisión de Escolarización, que decidirá o que proceda e contactará cas familias afectadas.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-23: LISTAXE PROVISIONAL

Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso: 

Todas as solicitudes realizadas en prazo foron admitidas.

As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Do día 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitude de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

Dita solicitude pode realizarse directamente, accedendo á aplicación admisionalumnado. Alternativamente, tamén se pode entregar, unha vez cuberta, na Secretaría do colexio, en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9,30 a 10,30 horas, e tamén os luns, de 12,20 a 13,10).

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

- Solicitude (Anexo II).

- Díptico informativo (horario, servizos...)

Toda a información está exposta no taboleiro de anuncios do centro e irá actualizándose co tempo. 

VISITA VIRTUAL AO COLEXIO 

Debido á situación de pandemia non haberá xornada de portas abertas. No seu lugar ofrecémosvos unha visita virtual ao colexio. Agardamos que vos guste!

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2022

Celebrando o día da Paz e Non Violencia con música!

FELICES FESTAS

Un ano máis, aquí tedes as postais ganadoras do concurso.

Agardamos que vos gusten!!

Distribuir contido


by Dr. Radut