Skip to Content

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN

A Consellería acaba de publicar a Orde que regula o procedemento e distribución de máscaras gratuitas entre o alumnado que cumpla os requisitos.

Para poder participar neste proceso deberase ter en conta o seguinte:

ALUMNADO DESTINATARIO
No noso centro, unicamente o alumnado matriculado en educación primaria.

SOLICITUDES E REQUISITOS:

O alumnado beneficiario de MATERIAL ESCOLAR non terá que presentar a solicitude, xa que recibirá as máscaras directamente. Polo tanto:

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. 
b) Deberá que presentar solicitude, no seu caso:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Tede en conta que se utilizarán os datos de 2019).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO: As solicitudes poden presentarse presencialmente dende o 15 ata o 26 de novembro na secretaría do centro. (Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9:30 a 10:30  e de 12:30 a 14:00 horas ).

DESCARGAR SOLICITUDE

Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

(Teléfono do centro: 881 880 214)

MERENDAS SAUDABLES... VOLVEN!

Hoxe comezamos de novo no noso cole cas merendas saudables. Como sabedes este é un dos proxectos nos que colaboramos ca ANPA e que está financiado por Axuda En Acción.

A partir de agora todos os martes, no horario de recreo, ofreceráselle froita fresca (mazá, mandarina, plátano...) ou un lácteo (iogur ou similar) a todo o alumnado. Agardamos que teña moito éxito, pola saúde dos nosos nenos e nenas!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

Por acordo da Xunta Electoral, hoxe vailles ser entregada a todo o alumnado unha circular ca convocatoria, calendario e instrucións a seguir para poder participar no proceso de renovación de Consellos Escolares.

Como seguramente sabedes, o Consello Escolar é un dos órganos de goberno do centro, con funcións que inclúen, entre outras: participar na elección do director ou directora, avaliar as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro e da Programación Xeral Anual, realizar a análise e valoración do funcionamento xeral do centro, etc.

Para poder ser elixido/a teredes que presentar perante a xunta electoral (na secretaría do centro) a candidutara mediante esta papeleta oficial, debidamente cuberta, antes do 12 de novembro.

Animámosvos a participar neste proceso tan importante para o bo funcionamento do colexio.  Calquera dúbida que se vos presente, quedamos á vosa disposición.

 

RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

No día de onte enviouse por abalarmobil información co anuncio de sorteo público, a celebrar ás 12:00 horas o vindeiro xoves, 28 de outubro, na sala de profesorado do centro.

Deste sorteo sairán as persoas que constituirán a xunta electoral, encargada de guiar o proceso de renovación dos consellos escolares, que correspondería ter feito o pasado curso, e que foi adiado por mor da pandemia.

Adiantamos que polo sector dos pais, nais e titores legais haberá dúas prazas vacantes, a renovar no vindeiro mes de novembro.

Proximamente seguiremos informando dos diferentes prazos e das convocatorias de cada sector para a presentación, no seu caso, de candidatura.

SAMAÍN - EXPOSICIÓN DE CABAZAS - MAGOSTO

Estimadas familias:

O vindeiro  venres 29 celebraremos o festival de outono para todo o alumnado.CABAZAS 

Durante esa semana recibiremos a visita de varios profes de Croacia, Grecia e Turquía, no marco dun proxecto Europeo no que participa tamén o noso colexio.  

Esperamos contar de novo coa vosa axuda para realizar a tradicional exposición  de cabazas, que estamos seguros que os vai deixar impresionados. Se vos parece, o martes 26 e o mércores 27 podedes traelas preparadas da casa.  

Tamén, como en anos anteriores, pedímosvos que os nenos e nenas traian unha presada de castañas, antes do mércores 27, cun corte xa feito para poder asalas. O día do festival faremos un magosto con elas  para todo o alumnado e, cando remate, levarán as cabazas para casa.  

Por desgraza, de momento segue sen estar permitido a participación das familias. Sentímolo moito. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!  

Recibide un saúdo moi cordial de todo o profesorado.

 

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Estamos organizando con moitas ganas e ilusión este inicio de curso, que dará comenzo o vindeiro xoves, día 9, no que de momento se van manter as restricións relativas ás entradas e saídas no colexio.

Adxuntámosvos, coma sempre, CIRCULAR DE INICIO DE CURSO. con toda a información relevante para empezar o curso con bo pé. 

Pregamos tamén que esteades atentas á marxe desta páxina, onde algún dos cursos están poñendo xa avisos importantes.

Vémonos o xoves!

 

AVISO DA ANPA ANTE O INICIO DO COMEDOR ESCOLAR

Comunicamos que a ANPA do centro acaba de poñer un aviso para os usuarios do COMEDOR ESCOLAR. 

Tédeo en conta, por favor.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS: LISTAXE PROVISIONAL

Xa están dispoñibles para consulta (no taboleiro interior do centro) as listaxes provisionais de solicitudes  para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros,  adxudicados ou non en función da renda. 

Os vales poden retirarse persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI, tal e como se indicou na circular de fin de curso, os días 5 e 6 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas. Os vales non retirados entregaranse a partir do 1 de setembro.

 

FINAL DE CURSO 2020-21: CIRCULAR INFORMATIVA E LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias:

Por fin chegou o remate deste curso, o primeiro despois do confinamento, que agardávamos moi difícil e complicado pero que ao final entre todos fomos quen de rematar sen problemas importantes.

Pola nosa parte darvos as grazas pola vosa colaboración, sobre todo a todo o alumnado, que se portou espectacularmente ben, cumplindo as normas dos protocolos establecidos á perfección para así poder pasar o curso da mellor maneira, tal e como aconteceu.

Comentámosvos que, aínda que se lle entregará a todo o alumnado en papel, tamén podedes consultar desde aquí a CIRCULAR DE FIN DE CURSO, onde se indica información importante referente á entrega de vales e dos libros de texto que vos pregamos teñades en conta.

Adxuntamos tamén a lista de libros de texto para o curso que vén.

Coma sempre, quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida, ben sexa presencialmente no horario de atención ao público, ou se o preferides por teléfono ou correo electrónico.

Que pasedes un feliz verán!!

Ben falado 4 anos

Para rematar este curso, os nenos e nenas de 4 anos ensínannos as cores! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut