Skip to Content

Blogues

PERÍODO DE ADMISIÓN

ATENCIÓN! hoxe comeza o prazo de admisión para NOVO alumnado. Ven a coñecernos!

 

 

MENÚ COMEDOR MARZO 2023

PILABOT

Este ano participamos no concurso Pilabot de recollida de pilas e acumuladores usados. Os centros gañadores poderán conseguir ata 2.500€! Acaban de chegar os nosos bidóns e teremos 6 semanas para enchelos. Mans á obra!!!

ENTROIDO 2023

E así foi o noso venres de desfile! Pásamolo pipa! Viva o Entroido!

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Velaquí un resumo de todas as actividades que fixemos estes días para conmemorar o Día escolar da non violencia e da paz: mural de mandalas, lectura de contos sobre a convivencia, receita máxica para a amizade etc. Porque a paz temos que traballala todos os días!

 

MENÚ COMEDOR XANEIRO 2023

NADAL 2022

Hoxe fomos cantar os Reis por Sarreaus adiante! E viñemos cargadiños de cousas ricas para comer coa chocolatada que nos tiña preparada Demetrio. Grazas, Lucía ,por acompañarnos e a todos os que nos regalastes lambonadas. BO NADAL!

 

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Mañá, 3 de decembro, conmemoramos o Día das persoas con discapacidade. É por iso que esta semana, coñecemos a historia de Elmer. Un elefante diferente ao resto. Se é que todos somos únicos e especiais! ❤️

MENÚ COMEDOR DECEMBRO 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut