Skip to Content

EDUCACIÓN PRIMARIA

Carta ás súas Maxestades


 

Estimadas Maxestades,

E...por fin acabamos co 2020! 

Cremos que, con todo o que está a pasar, nós os nenos, somos un claro exemplo a seguir para os maiores. Exemplo de responsabilidade, de paciencia, de adaptación, de seguir sorrindo ante estas adversidades, de que xa unha mascarilla forma parte da nosa vida...

Sabemos que estas navidades non serán iguais, non nos xuntaremos coma outros anos, pero non pasa, xa haberá máis. Estamos ben, e iso é o que importa!

Pedimos moitísima saúde para todos, que nos coidemos todos moito, sobre todo nestas datas, e que o próximo ano veña cargadiño de felicidade para todos.

Apertas navideñas,

A rapazada de Sarreaus

Distribuir contido


by Dr. Radut