Skip to Content

Localización

Onde estamos

SITUACIÓN 

  O Colexio Público de Sarreus está situado no concello do mesmo nome, na comarca da Limia.

Dito concello ten unha superficie de 72 km2. Dista 52 km de Ourense e 15 de Xinzo de Limia. O nome do concello, Sarreaus,  provén do latín Sarrio ou Sario, equivalentes do galego sarrio e referente ós terreos areosos formados por aluvións fluviais posteriormente endurecidos.

 

ENTORNO FÍSICO 

Encaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur repártese entre dous dominios diferentes, val e montaña, cunha distribución espacial semellante. A temperatura media anual é de 10,8ºC.

O río Limia, que nace no monte Talariño na parroquia de Paradiña, organiza a rede fluvial, á que tributan os regatos de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e A Veiga.  

O ENTROIDO EN SARREAUS

Os vergalleiros de Sarreaus

O Vergalleiro é típico de Sarreaus, onde tamén a festa do entroido é moi sonada. Esta figura, equivale ao cigarrón ou peliqueiro pero presenta as súas deferenzas.

O traxe leva unha camisa de liño con tres fitas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de fieltro negro e polainas tamén negras con borlas vermellas, que van dende o xeonllo ós pés. Faixa tamén vermella, colgando as chocas ou campaiñas pequenas e borlas negras. 

O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa.

O Vergalleiro foi recuperado polo ano 1994, pero hoxe xa está moi arraigada como máscara de Sarreaus. 

 O traxe é moi bonito e reproduce unha cara masculina e sorrinte. O vergalleiro leva a maiores un vergallo, que lle da nome, e un corno para poñer unha música moi especial e enxebre nesta festa.

 

 

Mapa do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut