Skip to Content

actividades

MERENDAS SAUDABLES

 

Ola, ola! Aquí vos deixamos unha proposta de merendas saudables para media mañá. Calquera das opcións pode vir acompañada de zume sen azucres engadidos. Estaría xenial que cada alumno/a trouxese a súa botella de auga etiquetada. Para visualizar con mellor calidade a proposta, descargade a imaxe adxunta.

 

Grupo de Primaria

 

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

Para conmemorar este día, os nenos e nenas de primaria fixeron moitas actividades relacionadas co tema.

Traballamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora" 

Falamos de valores como o respeto, tolerancia, igualdade...tan importantes como necesarios nas nosas vidas.

 

 

      

 

TODXS DICIMOS NON Á VIOLENCIA 

20 de novembro, día internacional dos dereitos do neno

Os alumnos e alumnas de primaria aproveitaron a sesión de informática para investigar na rede sobre esta conmemoración e falamos de todos e cada un dos dereitos que teñen como nenos e nenas que son.

A clase de plástica tamén estivo moi relacionada co tema do día elaborando estes carteis.

Pinchade no seguinte enlace para ver o seu traballiño

https://youtu.be/J1q9B1cfexc

Noraboa polo esforzo chic@s!

STORY TELLING: ST GEORGE AND THE DRAGON

Hoxe tivemos unha "saída virtual" ao teatro!!!!!

Vimos a obra en inglés St George and the Dragon

BOLECHAS CHAMAN AO 112

 

Hoxe tivemos unha visita moi especial..... Un membro da familia Bolechas!!!!!!!!!

Falounos dun número moi moi moi importante, o 112 e ata o rapeamos. Pasámolo xenial!

Grazas pola visita!

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano 2020 as letras galegas adicáronselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Por mor da COVID-19, dita data non puido festexarse como era debido, así que aprazouse a conmemoración para pasado 30 de outubro.

As nenas e nenos de primaria investigaron a vida e obra do noso escritor e coñeceron unha das súas obras máis populares "As pitas baixo a choiva" e fixeron un grandísimo traballo con este mural.

Noraboa rapazada!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut