Skip to Content

Blogues

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o día contra a violencia de xénero. No cole coñecemos unha historia de violencia psicolóxica protagonizada por dúas tartarugas, Arturo e Clementina. Finalmente, Clementina consegue saír desa situación de maltrato e é, por iso, que decidimos adicarlle o noso mural cheo de palabras bonitas.

 

 

 

CALENDARIO PROBAS ESCRITAS 1º TRIMESTRE

Ola ne novo! Aquí tredes o calendario de exames deste 1º trimestre para a clase de primaria. Estas semaniñas toca repasar todo o aprendido. Moito ánimo!

 

SAMAÍN 2022

Velaquí un resumo da nosa celebración de Samaín: xogos de tacto, concurso de cabazas, cinema de Samaín, lambonadas,e moita diversión! Felíz Samaín e feliz ponte!

 

 

 

 

 

 

 

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO 2022

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2022

Boas, familias! Aquí vos deixamos o menú do mes de outubro. Podedes descargar a imaxe adxunta para telo en boa resolución. Recordade que o día 12 e o 31 non haberá clase. Ata pronto!Risa

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 22-23

Ola, familias! Aquí vos deixamos o calendario escolar deste curso. Podedes consultar máis información na Orde de 20 de maio de 2022 que deixamos adxunta. Apertas!

 

Horario Educación Infantil

Aquí vos deixamos o horario de inverno de educación infantil deste curso 2022-2023. Recordade que durante todo o mes de setembro e xuño as clases serán de 9:00h a 14:15h co comedor incluído. Deixamos adxunto o PDF para poder descargalo.

 

MERENDAS SAUDABLES

 

Ola, ola! Aquí vos deixamos unha proposta de merendas saudables para media mañá. Calquera das opcións pode vir acompañada de zume sen azucres engadidos. Estaría xenial que cada alumno/a trouxese a súa botella de auga etiquetada. Para visualizar con mellor calidade a proposta, descargade a imaxe adxunta.

 

MENÚ COMEDOR SETEMBRO 2022

 

Boas, familias! Deixamos adxuntado o menú do comedor deste primeiro mes do curso 2022-2023. Para ver o menú con boa calidade deberedes descargar o pdf ó final desta entrada. Recordade que o día 12 de setembro non hai cole por festivo local!

 

 

O CURSO ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR!

 

O curso 2022-23 está a piques de comezar! Velaquí información relevante sobre horarios e comedor: 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut