Skip to Content

Blogues

ENTROIDO 2022

Boas familias!

Hoxe celebramos o Entroido por todo o alto! Disfrutamos de música e xogos e ademais merendamos bica de chocolate e orellas. MELLOR IMPOSIBLE!

Por certo, queremos recordarvos que ata o Xoves día 3 non voltamos!

QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!

ENTROIDO!

Boas familias!

Xa todos comezamos a ter presente que o Entroido comezou ou vai a comezar, polo que desde o CEIP Sarreaus tamén o queremos celebrar.

Se destas festas queres desfrutar, as miñas ordes deberás escoitar:

LUNS: "O luns trae unha gravata, para non meter a pata".

MARTES: "Trae bata, ademais de gravata".

MÉRCORES: "Pelos loucos debes levar, para poder xogar".

XOVES: "Para non perder o sexapil, trae da túa casa un mandil".

VENRES: "Para bailar e cantar, disfrazado do que queiras, terás que estar".

 

Desexamos que pasedes un moi bo ENTROIDO!

Unha aperta!

Menú Febreiro

Boas familias! 

Como cada mes, aquí vos deixamos o menú do mes de Febreiro!

Unha aperta moi grande

MENÚ XANEIRO

Feliz Ano familias!

Perdoade polo retraso, pero deixámosvos o menú do comedor do mes de Xaneiro para que lle botedes unha ollada.

Unha aperta.

BO NADAL!

O centro de Sarreaus, quere desexarvos un BO NADAL e unhas FELICES FESTAS!

Esperamos que teñades un montón de agasallos e que o 10 de Xaneiro veñades con moitas ganas de contarnos todo o que fixéstedes durante as festas!

Desfrutade moito das vacacións! Vémonos á volta!

 FELIZ NAVIDAD!

BO NADAL!

MERRY CHRISTMAS!

 

MENÚ XANEIRO

Boas Familias!

Para que vos manteñades informados, vamos a deixarvos xa o menú do comedor de Xaneiro.

Bo Nadal e Felices Festas!

 

Constitución e Estatuto de Autonomía

Os nenos e nenas do CEIP Sarreaus, para a pasada ponte celebraron e traballaron o día da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía.

 

MENÚ DECEMBRO

Boas familias!

Como todos os meses, deixámosvos o menú de comedor de Decembro para que lle botedes unha ollada.

Ademais recordarvos que o Martes día 7 de Decembro é día lectivo no centro, así que esperámosvos a todos!

Con todo isto, que desfrutedes da ponte!

Unha aperta enorme.

25N

O día de onte resultou ser un día moi gratificante e satisfactorio na nosa escola.
Primeiro, tivemos a sorte de contar cunha excelente persoa que acudiu ao centro para darnos unhas pequenas charlas adaptadas tanto a Educación Infantil como a Educación Primaria a través de contos, que trataban unha serie de historias relatadas e inspiradas no 25 de Novembro, coa finalidade de facernos entender por qué se celebra este día e os nenos e nenas estiveron moi receptivos e entenderon a perfección do que se estaba a falar e foron capaces de razoar moitas das situacións que se foron expoñendo.
Por outro lado, desde o centro, as nosas mestras tamén traballaron o 25N a través de actividades co alumnado e ata fixeron un pequeno mural e bandas moradas na entrada do centro para deixar reflexado que entendemos e defendemos do que se está a falar.
Por último, vamos a rematar cunha frase que di:

"En mi opinión, las palabras son nuestra fuente más grande de magia y son capaces de dañar y sanar a alguien". J.K. Rowling

MAGOSTO

Nesta época do ano, sempre se poden ver unha gran cantidade de festvidades relacionadas cunha froita moi típica do outono...A CASTAÑA!

Nós non queríamos ser menos, e no CEIP SARREAUS tamén celebramos o noso MAGOSTO!

Queremos deixarvos algún dos recordos que imos gardar deste gran día!

Unha aperta enorme!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut