Skip to Content

NOVIDADES DO DOG

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

No portal educativo www.edu.xunta.gal está publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria en centros públicos dependentes desta Consellería.

Segundo dita orde (a cal aparece no documento adxunto):

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, xa que acceden automáticamente ao préstamos de máscaras.

SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

   - Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

   - Alumnado matriculado en educación especial.

   - Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

   - Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

Os interesados presentarán, de FORMA PRESENCIAL, no centro educativo os Anexos I e II cubertos (ver arquivo adxuntos)

 

PRAZO: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

Aqueles que non lles sexa posible imprimir os Anexos, poderán recoller unha copia no centro.

 

 

En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución, periocidade e número de máscaras por alumno/a serán debidamente informados

AdxuntoTamaño
ORDE do 6 de novembro de 2020.pdf608.65 KB


page | by Dr. Radut