Skip to Content

ENTROIDO!

Boas familias!

Xa todos comezamos a ter presente que o Entroido comezou ou vai a comezar, polo que desde o CEIP Sarreaus tamén o queremos celebrar.

Se destas festas queres desfrutar, as miñas ordes deberás escoitar:

LUNS: "O luns trae unha gravata, para non meter a pata".

MARTES: "Trae bata, ademais de gravata".

MÉRCORES: "Pelos loucos debes levar, para poder xogar".

XOVES: "Para non perder o sexapil, trae da túa casa un mandil".

VENRES: "Para bailar e cantar, disfrazado do que queiras, terás que estar".

 

Desexamos que pasedes un moi bo ENTROIDO!

Unha aperta!



blog | by Dr. Radut