Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

blogue deVtornavacas

Debúxame un Conto!!!

INVENTA UN CONTO A PARTIR DUN DEBUXO DE LEANDRO LAMAS 

Durante estes días aparecen na internet numerosos agasallos. Quero aproveitar a xenerosidade do ilustrador Leandro Lamas que está a colgar no seu facebook “debuxos paso a paso”. para pedirvos que inventedes un relato a partir dun dos tres debuxos de Leandro Lamas

    

 - DEBUXO 1 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas)

- DEBUXO 2 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas)

- DEBUXO 3 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas cos pasos)

Á volta podemos facer unha gran exposición cos vosos debuxos e publicar un bonito libro cos contos que lles inventedes!!.

Espero que sigades con ánimo e forzas. Eu confío en que sodes quen de superar isto!! As nenas e nenos da Sobreira sodes SÚPER!!

Bibliotecas Escolares galegas ABERTAS NA CASA

Nestes días nos que quedamos na casa, as bibliotecas escolares galegas permanecen abertas virtualmente e continúan ofertando ao alumnado recursos e  actividades  arredor da lectura, os proxectos de traballo, AMI, ALFIN, música, Arte, creación, retos ...

21-03 Día da Poesía

Hoxe, Día da Poesía, non podemos encher os patios e corredores do cole de lecturas apadriñadas coma en cursos pasados, pero ANÍMATE Risa recita poemas coa familia, colga a túa poesía favorita na ventá ou inventa rimas disparatadas!!!

   

O Conto do Coronavirus

María Coco Hernández ven de publicar en aberto, na internet, este contiño para nenos e nenas. Saúdos e moito ánimo!!

VIII Certame de Relato Curto FANPA

Anímate a participar no VIII Certame de Relatos Curtos organizado por FANPA!!

Entroido "De ARTES e OFICIOS" na Sobreira

Un entroido De ARTES e OFICIOS!!

O entroido da Sobreira tivo moita arte cos pintores e pintoras, profesións do circo e músicos. Tamén os oficios tradicionais de oleiros, teceláns e xogueteiros. Así como os oficios no mundo do deporte, da xustiza e do voluntariado e axuda aos cidadáns.

III Certame de Relatos con Sentimento

Os voluntarios leotecarios hoxe levaron ás caixas do correo das aulas de Primaria esta carta para participar no concurso polo Día da Poesía:

Lettering pola PAZ

20200130_140258.jpg

Entregamos os premios do II Concurso de Lettering pola PAZ.

As rapazas e rapaces amosaron a súa arte para escribir mensaxes de PAZ cunha elevadísima participaciónRisaRisa

Recomendacións Nadal 2019

Resultado de imaxes para aceboRecomendacións de contos, poesía, banda deseñada e música para este Nadal. 

Novembro mes da Ciencia nas Bibliotecas!!!

 

Aproveitamos este mes de novembro para propor actividades de ciencia ao alumnado.RisaRisa

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

II Concurso Epitafios

Organizo un concurso!!!!!

 Co gallo do día 31 de outubro, “Samaín”, propóñovos que lle deades un pouco ao “coco” e pensedes un epitafio!!!.

Unha frase orixinal, divertida, enxeñosa… para escribir nunha lápida!!

Día Bibliotecas Escolares 2019

Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares,  desvelamos o Proxecto Documental Integrado para este 2019-20 , este curso vai...

DE ARTES E OFICIOS!!SorrisoRisa

Entregamos as mochilas viaxeiras a cada titoría e repasamos as imaxes que xa apareceran nas pistas das semanas previas.

Nas últimas  semanas, foron aparecendo as pistas xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI.

Dia_Bibliotecas1.jpgDia_Bibliotecas2.jpg 

 Proxectamos imaxes dos andeis da "Leoteca Bibliosoños", do nº9 ata a nº1 correspondéndose coa CDU xa que cada titoría investigará o tema “De Artes e Oficios” centrándose en distintos subapartados.

O alumnado foi agasallado cun punto de lectura: